Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Benvida

Paco Reyes Santiás

Paco Reyes Santiás

Dou a benvida a todas e todos os internautas que se acheguen a esta páxina que, dende o Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela, tenta informar da nosa actividade no Concello.

Como non podía ser doutro xeito, esta páxina web está aberta á colaboración, á reflexión e á achega de ideas ou críticas que poidan redundar en beneficio dunha mellor xestión á fronte do PSdeG-PSOE no Concello de Santiago no seu labor de oposición. Desexamos establecer unha comunicación fluída con todos e todas vós e unha comunicación aberta e participativa na medida en que esta canle electrónica o permita.

As nosas portas están abertas.

Paco Reyes Santías
Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela.
filiate


PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org