Grupo municipal dos socialistas de Santiago


O PSdG no Concello

1979 Primeiras eleccións democráticas
As primeiras eleccións municipais democráticas celebráronse o 3 de abril de 1979. Os composteláns elixiron unha corporación local que reflectiu unha gran pluralidade e seis formacións políticas obtiveron representación no pazo de Raxoi: Unión de Centro Democrático, Unidade Galega, PSdeG-PSOE, Alianza Popular, Partido Comunista de Galicia e Bloque Nacional-Popular Galego. O Partido Socialista sumou nestes primeiros comicios algo máis de 3.000 votos e acadou 3 concelleiros.

A Corporación constituíuse o 20 de abril de 1979 e José Antonio Souto Paz, candidato da Unión de Centro Democrático (UCD), foi elixido alcalde co apoio de Alianza Popular. En setembro de 1981, Souto Paz presentou a súa demisión e foi substituído como alcalde por Marcial Castro Guerra, concelleiro da UCD.

Ver resultados >>

1983 Primeira alcadía socialista e moción de censura
Nas eleccións municipais de maio de 1983 o Partido Socialista hexemonizou o voto progresista dos composteláns, obtivo case que 10.000, triplicando os resultados de 1979, e sumou 10 concelleiros.

O PSdeG-PSOE formou goberno co apoio do Partido Liberal e o Partido Comunista de Galicia, e Xerardo Estévez Fernández, candidato socialista, tomou posesión como alcalde. Estévez ocupou a alcaldía até abril de 1986, momento en que foi deposto por unha moción de censura provocada pola ruptura do pacto por parte do Partido Liberal.

O novo goberno municipal constituíse o 5 de maio de 1986 e a alcaldía recaeu, grazas ao apoio do Partido Liberal e a UCD, en Ernesto Viéitez Cortizo, voceiro de Alianza Popular (AP) no concello compostelán. O Partido Socialista liderou desde aquela a oposición municipal.

Ver resultados >>

1987 Maioría absoluta do PSdeG
A impopularidade da moción de censura e o traballo opositor desenvolvido polo PsdeG-PSOE aleitou un importantísimo avance electoral socialista na eleccións municipais de 1987. O PsdeG-PSOE acadou case 15.000 votos e 13 concelleiros na Corporación compostelá. Xerado Estévez retornou á alcaldía arroupado pola primeira maioría absoluta acadada polo PSdeG-PSOE.

Ver resultados >>

1991 Nova maioría absoluta socialista
Nas eleccións de maio de 1991 o PsdeG-PSOE volvía revalidar nas urnas a súa maioría absoluta e outra volta Xerardo Estévez colleu o bastón de mando da cidade. A Corporación municipal desde aquela integrará unicamente tres forzas políticas: o PSdeG-PSOE, o Partido Popular e mais o Bloque Nacionalista Galego. O PSdeG-PSOE con algo máis de 17.000 votos foi a opción electoral con maior apoio cidadán, obtendo 13 concelleiros fronte ós 11 do PP e 1 do BNG.

Ver resultados >>

1995 Goberno en minoría con maioría socialista
Malia a que nas eleccións locais celebradas en 1995 o PsdeG-PSOE superou os 22.000 votos e ficou con 12 concelleiros, non acadou a maioría absoluta. O PP obtivo 11 concelleiros e o BNG 2. Xerardo Estévez continuou como alcalde ao encabezar a lista máis votada e gobernou en solitario.

En xuño de 1998 o alcalde Xerardo Estévez anunciou a súa decisión de retirarse da vida política e a súa intención de non presentarse novamente ás eleccións municipais. A súa retirada fíxose efectiva o 19 de decembro de 1998, sendo substituído como alcalde de Compostela por Xosé A. Sánchez Bugallo.

Ver resultados >>

1999 Sánchez Bugallo repite na alcaldía
Nas eleccións de 1999 o PSdeG-PSOE recibiu algo máis de 16.000 votos e logrou 9 dos 25 concelleiros que conforman a Corporación municipal. Sánchez Bugallo tomou posesión como alcalde de Compostela recibindo o apoio do BNG, que se integrou no goberno municipal con 5 concelleiros.

Ver resultados >>

2003 Os socialistas acadan a maioría
Nas municipais de 2003, o PSdeG-PSOE experimentou unha importante recuperación electoral que lle permitiu acadar 20.000 votos e sumar 11 concelleiros. A reedición do pacto de goberno co BNG confirmou novamente ao socialista Xosé A. Sánchez Bugallo na alcaldía compostelá. O PP obtivo 10 concelleiros e o BNG obtivo 4.

Ver resultados >>

2007 De novo, Bugallo alcalde
Nas eleccións do 27 de maio de 2007, o PSdeG-PSOE obtivo 10 concelleiros. Logo de que o Pleno da Corporación reelixise como alcalde a Xosé A. Sánchez Bugallo o 16 de xuño de 2007, o grupo municipal socialista e o BNG, que acadou catro concelleiros nestas eleccións, reeditaron un Acordo de Goberno para a lexislatura 2007-2011, que asinaron o 19 de xuño.

Ver resultados >>

2007 Bugallo, voceiro do PSdeG-PSOE
Nas últimas municipais, celebradas o 22 de maio de 2011, o PSdeG-PSOE acadou 9 concelleiros, o BNG 3 e o PP 13, partido que goberna en Santiago desde o 1 de xullo.
filiate


PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org