Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Paco Reyes acusa a Compostela Aberta de "falta de respecto" co sector turístico por presentar antes aos medios o estudo sobre a taxa

09/10/2017

O voceiro socialista, Paco Reyes, acusou esta mañá a Compostela Aberta de actuar cunha total "falta de respecto" por presentar catro días antes que ao sector, así como aos grupos da oposición, o estudo sobre a aplicación da taxa. Precisamente esta mañá, ás 12.30 horas, reuníase o Consello Municipal de Turismo, que incluía no seu punto catro a presentación deste estudo, realizado polo catedrático de Economía Aplicada, Luis Caramés.

A este respecto, o concelleiro tamén criticou que, despois de solicitar a información sobre este punto -non ía incluido documento ningún do mesmo-, a resposta foi que se ía presentar de forma oral. "Consideramos que non é a maneira de actuar, sobre todo nunha cuestión que vai precisar do consenso", dixo Reyes, que engadiu que "non comezamos con bo pé".
Aínda que no caso da oposición, como apuntou o voceiro, "xa estamos afeitos", criticou dun xeito especial que o grupo de goberno de Compostela Aberta non informase ao sector do contido dese informa antes que aos medios de comunicación.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org