Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PREMSA

O grupo socialista abstense na aprobación da conta xeral de 2016 pola "falta de xestión e de transparencia, e polo incumprimento da normativa na súa presentación"

11/10/2017

"Falta de xestión, falta de transparencia, incumprimento da normativa en canto á presentación, e problemas en canto á viabilidade da administración instrumental deste Concello". Así resumiu o voceiro socialista, Paco Reyes, a postura do seu grupo con respecto á conta xeral de 2016, sometida a votación plenaria en sesión extraordinaria celebrada esta mañá e que foi aprobada cos votos en solitario do grupo do goberno e a abstención do resto de representantes políticos.

En primeiro lugar, na súa intervención, Reyes indicou que, por segundo ano, reitérase o incumprimento de incorporar á Conta Xeral -presentada, de novo, fóra dos prazos legais-, ademais da información financieira, o estado de obxectivos e xestión de servizos, así como o estado de costes e ingresos operativos do exercicio.
O voceiro preguntou que se medidas se teñen tomado por parte do grupo de goberno pata dotar de recursos á Intervención, tanto dende o punto de vista das tecnoloxías como dos recursos humanos, así como que avances se teñen realizado para dar cumprimento ao acordo plenario para separar as funcións de contabilidade e intervención. A este respecto, puxo enriba da mesa un problema que se detecta no informe da Intervención, no que expresa a súa "imposibilidade material para levar a cabo a función de control a posteriori e o control financieiro, polo que, dada a aprobación da fiscalización limitada previa en case todas as operacións económicas do Concello, estamos abocados a unha absoluta falta de control e de transparencia que esixe unha solución inmediata".
E, tamén dentro dos incumprimentos legais, Reyes denunciou que non se achega coa Conta Xeral un inventario actualizado do patrimonio propiedade do Concello, dacordo coa Lei de Facendas Locais e o Regulamento de Bens das Corporacións Locais.
O concelleiro socialista, xa no eido propio da Conta Xeral, falou do endebedamento, afirmando que a mellora debouse non a unha mellor xestión do PP, senón ao endebedamento do PP en 2012 por 12 millóns a longo prazo que amortizou en parte anticipadamente en 2014; tamén preguntou por que non se da solución ao incremento de ingresos por xestión; e destacou o incremento en 1,8 millóns na recadación do IBI, constatando o que dicía o PSOE cando promoveu a súa baixada: que se podería compensar -como quedou claro neste documento económico- cunha loita máis rigorosa contra o fraude fiscal.
No capítulo de investimentos o voceiro socialista foi especialmente duro. Cun grao de execución dun 22%, mesmo inferior ao do ano pasado, o gasto por habitante foi de 981,84 euros fronte ao de 2010 (goberno de progreso), que foi de 1.173,73 euros por habitante. Reyes citou algúns dos casos nos que o grao de execución foi máis baixo, como a xestión do patrimonio, tanto de uso cultural como deportivo ou social, no que quedou sen executar máis do 73% do orzamento; ou en vivenda de política social , que deixaron sen gastar o 98,3%.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org