Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

O grupo socialista presenta unha moción ao pleno instando a Augas de Galicia unha actuación urxente e integral de limpeza e drenaxe do río Sarela

06/09/2018

O concelleiro socialista Gonzalo Muíños, anunciou esta mañá en rolda de prensa a moción que levará o seu grupo a pleno instando a Augas de Galicia unha actuación integral, a desenvolver con carácter urxente, de limpeza e drenaxe do río Sarela. Especialmente, como destacou o edil, resulta necesario actuar no tramo máis urbano, entre Fonte do Ouro e a Ponte do Carme, xa que se eatopa nuna estado "lamentable" e existe un perigo real de indundacións, como as que se produciron en 2009 e 2013.
O pleno ordinario de setembro, previsto para o xoves 20, debatirá e someterá a votación da corporación compostelá unha moción do grupo municipal socialista a través da que insta a Augas de Galicia a intervir de forma urxente no río Sarela. Como explicou Gonzalo Muíños en rolda de prensa, despois de recibir varias queixas veciñais, os socialistas constataron -e así o amosaron mediante unha imaxes realizadas esta mesma semana no marco dunha visita realizada á zona- o mal estado no que se atopa a zona, sobre todo nun tramo duns 500 metros entre Fonte de Ouro e Ponte do Carme, que poderían provocar inundacións como as que se rexistraron en 2009 e 2013, "cando chegaron a soar as campás alertando á veciñanza para que saía das súas casas".
O edil lembrou que a última limpeza integral foi levada a cabo por Augas de Galicia en 2014, nun tramo de 26 kilòmetros entre os ríos Sar e Sarela, e entón se recolleran 200 toneladas de residuos. A maiores, o Concello a través dun convenio con Viaqua, realizara en 2016 unha actividade de voluntariado deste tramo máis urbano do Sarela, e recolleran arredor de 20 kilos entre plásticos e toalliñas, fundamentalmente.
Polo tanto, resulta necesario intervir de novo e facelo agora, antes de que comecen as chuvias, respectando as especies protexidas que habitan na zona, pero "protexendo tamén aos veciños e veciñas que residen nesta contorna", manifestou Muíños.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org