Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

O Grupo Municipal Socialista amosa a súa preocupación pola falla de efectivos e patrullas da Policía Municipal e responsabiliza ao alcalde desta situación

13/09/2018

O grupo municipal socialista, a través do seu voceiro, Paco Reyes, amosou esta mañá a súa preocupación pola situación na que se atopa a Policía Local, con falla de fectivos e, polo tanto, de patrullas. Reyes responsabilizou ao alcalde, como xefe do Corpo (por lei e de forma irrenunciable), desta situación e lembrou as diversas iniciativas presentadas polo seu grupo para tratar de darlle solución.
O voceiro socialista subliñou que a problemática que ten a Policía Local non é unicamente económica -con débeda das horas extras dende hai meses-, senón de falla de efectivos, que vén da etapa do Partido Popular coa eliminación de prazas e as políticas de Montoro, pero que non se ten solventado -senón que semella que todo o contrario- neste mandato de Compostela Aberta. De feito, existen problemas pola noite, cunha única patrulla de vixilancia, ou que por ausencia de axentes non se poidan atender as chamadas.
Reyes lembrou que o grupo socialista ten presentado varias iniciativas dirixidas a solventar a solución; entre elas, unha proposición presentada ao pleno de maio deste ano, na que os socialistas plantaxeban que se fixera unha consulta para coñecer se a través do acordo entre Goberno central e FEMP sobre o investimento do superavit en programas de seguridade e orde pública podería ser empregado no capítulo I do orzamento e, polo tanto, na contratación de axentes.
O edil tamén apuntou que os representantes da Policía Local presentaron 16 puntos de melloras ante o goberno municipal, dos que nun primeiro momento foron aceptados 8, mais logo foron rexeitados na súa totalidade.
Así, e mais puntualizar que Santiago é unha cidade segura, destacou que ten perdido ata 100 axentes, entre as Policías Local e Nacional, polo que urxiu medidas que poidan arranxar os problemas detectados. "Queremos saber se a nosa proposición foi atendida e, en caso afirmativo, a resposta do Goberno e da FEMP", manifestou Paco Reyes, que engadiu que "se a resposta é positiva, reclamamos que se proceda á contratación de axentes e, se é non, que se paguen as horas extras".

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org