Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

O concelleiro Gonzalo Muíños advirte da perda de 60.000 euros nos primeiros catro meses da ORA municipalizada

04/12/2018

O concelleiro socialista Gonzalo Muíños amosu esta mañá a súa "sinceira preocupación" polos datos que se veñen de coñecer sobre os primeiros catro meses de funcionamento do novo servizo municipalizado de ORA e guindastre. Así, Muíños advertiu que neste período, en comparación cos mesmos meses de 2017 (de xullo a outurbo) se ten ingresado un total de 60.000 euros menos, o que supón 15.000 euros por mes.
O edil criticou que na comparecencia o pasado venres ante os medios de comunicación do concelleiro da área, Jorge Duarte, realizara un balance dos primeiros catro meses da municipalización de ORA e guindastre falando unicamente do positivo, que sen dúbida é o gran traballo que está a realizar o persoal que presta este servizo, pero que non dixera nin unha palabra do balance económico. E o mesmo aconteceu no consello de administración de TUSSA, celebrado na mañá de onte, onde tivo que ser o representante socialista o que preguntou polos datos económicos, posto que unicamente se tiña falado dos empregados e do software.
Así, Muíños lembrou que a económico foi fundamental no proceso e que, mentres que TUSSA estaba pechando estes anos cun superávit de 60 ou 70.000 euros, nestes casos meses xa perdeu 60.000 pola perda de ingresos da ORA e guindastre.
Ante esta situación, que de continuar suporía unhas perdas de case 200.000 euros anuais, o representante do grupo municipal socialista apuntou que habería que adoptar algunha decisión que suporía "outro incumprimento" por parte do goberno: ou ben incrementar o número de prazas ou modificar as taxas na nova ordenanza.
"Queremos deixar constancia da nosa sinceira preocupación porque un servizo que ata agora non tiña deficit, ou mudan as formas, ou vai arroxar un resultado negativo", manifestou Muíños.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org