Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

"CA remata o mandato como empezou: amosando a súa nula capacidade de xestión", afirma Reyes en relación á situación do prego dos comedores escolares

03/05/2019

"Compostela Aberta remata o mandato como empezou: amosando a súa nula capacidade de xestión". Con estas palabras cualificaba o voceiro socialista, Paco Reyes, o acontecido cos pregos dos comedores escolares, de cuxa situación falaba onte o propio concelleiro de Educación, Manuel Dios. O edil do PSdeG lembraba que, unha vez máis, o grupo de goberno ten esperado a que remate a concesión e non se poidan conceder máis prórrogas -neste caso á empresa encargada da xestión dos comedores escolares de Santiago- para encargar agora a unha empresa a elaboración dos pregos.
Como destacou Reyes, o contrato dos comedores remata en xuño e o goberno de Martiño Noriega vén de contratar a unha empresa para elaborar os pregos e, así, garantir que os servizo se poida prestar ao inicio do vindeiro curso. Iso si, o voceiro socialista está convencido de que o servizo non se vai poder adxudicar antes de que remate o mandato e, polo tanto, "traslada á nova corporación e ao novo goberno
O concelleiro denunciou a situación de "improvisación, deixadez e falta de previsión nun tema tan sensible como é o dos comedores escolares" e, nesta liña, lembrou que precisamente este prego foi un dos primeiros problemas que tivo CA ao inicio do mandato. "CA remata o mandato como empezou, amosando unha nula capacidade de xestión, e nun dos temas que foi un dos leitmotiv que amosaron o paradigma de nula xestión por parte de CA que, catro anos máis tarde, tropeza na mesma pedra", asegurou Reyes, que engadiu que "en catro anos nos aprenderon nada".
O grupo socialista esixiu ao goberno municipal que leve a cabo a tramitación "o máis axiña posible", aínda que destacou que vai ser a nova corporación e o novo goberno os que teñan que resolver este problema.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org