Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

Reunión alcalde co arcebispo de Santiago

Sánchez Bugallo: "o alcalde ten que ser alcalde de todos. Pero tamén ten que ser alcalde da historia da cidade".

10/07/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse hoxe co arcebispo compostelán, Julián Barrio. Ao final do encontro referíronse á participación do rexedor nos actos da ofrenda ao Apóstolo, despois de ser designado delegado rexio pola Casa Real. A preguntas dos xornalistas sobre as declaracións de Martiño Noriega, de Compostela Aberta, vinculándoa ao franquismo; o rexedor sinalou que se trata de "algo descoñecemento histórico", porque "cando naceu Franco levaba 300 anos. É unha tradición que ven do século XVII. Hai que pensar cunha certa humildade. Durante catrocentos anos mantívose esta tradición, e o Sr. Noriega, e eu tamén, dentro dese proceso, somos unha parte moi pequena. Polo tanto debemos pensar se temos dereito a alterar unha tradición máis que centenaria por un sentimento ou consideración persoal. Para Sánchez Bugallo, o alcalde ten que ser alcalde de todos "pero tamén ten que ser alcalde da historia da cidade".
Para Julián Barrio a participacion do alcalde na ofrenda do Apóstolo, "é tomar conciencia da realidade e da situación na que nos atopamos. É un signo de continuidade, de tradición que non debemos perder".
O rexedor explicou que falaron do "excelente estado de relación" que existe entre o Concello e a igrexa católica "como ben sendo tradicional", e o "compromiso do partido cos diferentes eventos da cidade, cos intereses da cidade, e moi especificamente coa preparación dos próximos Anos Santos, que como é lóxico colaboraremos ao cento por cento de capacidade". "Hai sintonía e hai compromiso", engadiu, para sacar as cousas adiante".

Julián Barrio sinalou que cambiaran impresións sobre a preparación do Ano Santo do 2021", e falaron tamén do de 2027 e do de 2032, porque entende que "un bo gobernante debe pensar máis alá do inmediato". Indicou que "por parte da igrexa somos conscientes que necesitamos a colaboración das institucións civís, que pido e agradezo"; ao tempo que ofrecía a cooperación do arcebispado, "pensando nese ben común, para o concello, para a cidade, para Galicia e para España". O arcebispo compostelán agradeceu a sintonía que existe co alcalde. Unha sintonía, engadiu, "que nos vai axudar a que Santiago sexa a cidade da cultura do encontro, unha cidade que sexa capaz de dar resposta aos interrogantes e preocupacións que se lle están presentando ao home dos nosos días"

A preguntas dos xornalistas, o arcebispo sinalou que por parte da igrexa sempre houbera dispoñibilidade e espírito de colaboración co concello. Sobre a visita do Papa Francisco, indicou que "tanto ao alcalde como a min, agradaríanos moito que puidese vir durante o Ano Santo. Imos intentalo".

O encontro co arcebispo é a segundo dos tres primeiros que, segundo a tradición, debe manter o alcalde de Santiago cando toma posesión do cargo. O primeiro, co presidente da Xunta xa se celebrou. E a terceira reunión, co reitor da USC, está prevista para os próximos días.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org