Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ALCALDÍA

O alcalde sinala que o 90 por cento dos 8,6 millóns de euros de orzamentos técnicos que irán a pleno, son herdanza do anterior goberno

19/07/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, explicou hoxe aos medios de comunicación, que dos 8,6 millóns de euros necesarios para atender as necesidades inaprazables que non poden ser atendidas con cargo ao orzamento prorrogado, 8,2 millóns son herdanza directa de Compostela Aberta dos que o novo goberno debe facerse cargo.
Representa "máis do 90 por cento. Son compromisos e responsabilidades, incluídos convenios da pasarela entre Pontepedriña e o Hórreo, dos Camiños de Santiago, pagar os gastos de persoal ou multitude de contratos sen soporte orzamentario". E engade, compromisos de gasto, sen contrato e sen soporte orzamentario que herdamos. A regularización desa situación supón 8,2 millóns de euros.

O alcalde sinalou que a partir de agora ían seguir o calendario previsto: o 30 de xullo reunión da Comisión de Facenda para ditaminar os orzamentos; e o pleno celebrarase, en principio, o 9 de agosto.

O rexedor tamén respondeu ás declaracións de Compostela Aberta de que os orzamentos técnicos presentados onte á prensa chegaran ao resto de grupos "moi tarde". Explicou que os presupostos anúncianse e preséntanse con tempo "de sobra", porque a convocatoria da Comisión Informativa de Facenda para o 30 de xullo, "aínda se vai facer esta mañá, e polo tanto, non había obriga algunha de polos a disposición dos grupos con anterioridade, se non a partir do momento desta convocatoria".

INTERMODAL

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, referiuse hoxe ás reunións mantidas esta semana coa presidenta de Adif e coa conselleira de Infraestruturas. O rexedor expresou a "satisfacción" que lle producen os contactos que cualificou como "moi positivos". Sobre os temas tratados, sinalou que despois de estar parados nos últimos meses "imos ver como se desenvolven ben beneficio de Santiago e de Galicia".

Uns contactos aos que o portavoz de Compostela Aberta, Martiño Noriega se referiu como "esperpento". Para Sánchez Bugallo, "recupera o sentido do humor. Porque loxicamente interpreto que é unha broma. É a única explicación que se me ocorre". E engade "non vexo necesario nin é o meu criterio pedirlle explicacións de nada, pero se quere, que explicar porque asinou a clásula de que en Santiago non se facía a estación do AVE ata acadar os 3,5 millóns de viaxeiros. Estou seguro que hai máis de un que non entende porque asinou iso".

Sánchez Bugallo está esperanzando en que "levamentemos a cláusula dos tres millóns e medio de viaxeiros, e espero que no mes de setembro teñamos novidades positivas sobre ese tema, probablemente aqui mesmo en Santiago". Mentras tanto, engadiu, seguirán traballando na definición do proxecto que espera saia a exposición ao público tamén no mes de setembro.

EDAR

O alcalde lembrou, ademais, que o 30 de xullo estarán en Santiago "as empresas concurrentes ao concurso da nova EDAR, e esperamos que teñamos a posibilidade de conseguir que non se perdan os fondos europeos".

FESTAS

Sobre a polémica xurdida pola eliminación da actividade de alboradas, o rexedor sinalou que o "lamenta enormemente", e que se este ano non é posible o seu compromiso é que en videiras citas festivas se contrate a estes grupos. Explicou que esta era unha actividade que nin figuraba no programa, nin estaba contratada.

Sinala que "este ano vivimos unha situación de excepción, e ao final tivemos que conseguir por diferentes ámbitos aproximadamente 340.000 euros para facer factibles as festas". Esta cantidade, afirma, é aproximadamente o 50% do orzamento das festas. Subliña que había algúns grupos contratados sen soporte presupostario. "Para produción había cero euros, para promoción había cero euros, e para outra serie de actividades había cero euros e houbo que buscalos". Sánchez Bugallo cre que van ser unhas boas festas "aínda que a maior parte da programación ven condicionada por uns contratos asinados con anterioridade".


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org