Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ALCALDÍA

Rexeitamento contundente do alcalde ao crime machista de Valga

13/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo expresaba hoxe a súa rotunda condena do crime machista de Valga. Para o rexedor, "resulta imprescindible seguir loitando conta a violencia machista e contra discursos que negan a violencia de xénero". O Concello convocará un minuto de silencio mañá martes, ás 12:00 horas, na praza do Obradoiro, e sumarase aos actos que se convoquen en condena da violencia machista.
En rolda de prensa, o rexedor incide en que "a realidade é que eses crimes existen, e resístense a desaparecer". Recorda Sánchez Bugallo que desde 2003 foron asasinadas máis de mil mulleres "a man da súa parella ou exparella".

Orzamentos
Na comparecencia ante os medios, no descartou ligar a aprobación das contas a unha cuestión de confianza porque, destaca, Santiago non pode permitirse afrontar os retos dos anos 2020 e 2021 sen orzamentos. De momento, xa empezaron as conversas cos distintos grupos políticos para tratar de consensuar as contas de 2020. "Estamos abertos a estudar todas as propostas da oposición", aclarou. Despois desta rolda de conversas, "veremos", di, "que e con quen temos posibilidades de avanzar e as marxes de negociación".

En todo caso, Sánchez Bugallo subliña que os orzamentos "responderán as demandas dos cidadáns". Sobre a carga fiscal, sinala que non se incrementará, pero "tampocuo contemplamos unha rebaixa de ingresos fiscais", porque "queremos ofertar un servizos públicos de calidade, que en moitos casos serán máis caros que ata agora". Neste sentido, puxo como exemplo os servizos de transporte público ou de recollida do lixo e limpeza viaria, que precisan renovar a súa flota de vehículos, ou o servizo de mantemento dos parques e xardíns. Por iso, insistiu en que "a marxe fiscal é inmensamente limitada".


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org