Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ALCALDÍA

O alcalde asegura que no vertedoiro de Grixoa entraron 12.000 toneladas de residuos procedentes de Nostián e que Compostela Aberta o sabía

16/12/2019

O alcalde de Santiago referiuse hoxe, na rolda de prensa posterior a Xunta de Goberno, a peticion de CA de que o concello colabore para paralizar calquera nova actividade no complexo da Grixoa. Sánchez Bugallo lembrou que "nos anos pasados estiveron traendo a Santiago 12.000 toneladas anuais de lixo de rexeitos" desde a planta de Nostián. "Non me parece unha cifra pequena. E iso sábeno eles perfectamente. Un tema do que nós nos enteramos despois de estar no goberno, porque antes non se fixera pública esa pequena cuestión. Pero os veciños de Grixoa coñécena perfectamente".
Engade o rexedor que á hora de dar leccións aos demais "cando un acaba de sair do goberno debe ter unha certa prudencia. E engade, "nós faremos o que estea ao noso alcance para cortar iso". Pero hai algo importante que lembrou: a autorización medioambiental non é municipal. É da Xunta, "pero o Concello, inda que non teña competencia, ten incumbencia por preservar o interés xeral do municipio e dos veciños de Santiago".

OBRAS
O alcalde tamén respondeu ás insinuacións de Compostela Aberta sobre "freazo na licitación de obras de mantemento". Sánchez Bugallo respondeu que ten gracia que Compostela Aberta que se caracterizou por deixar sen executar o 77% do capítulo de orzamentos ao longo dos 4 anos de mandato, se queixe dos demais.

Sinalou que todas as licitacións están seguindo o seu curso e lembrou que os orzamentos deste ano entraron en vigor no mes de setembro "polo tanto levamos tres meses de orzamentos. Agora mesmo, desde o punto de vista de execución presupostaria, en decembro estamos como en abril noutros anos. Está indo todo a un ritmo bastante bó dentro do que pode ir".

INTERMODAL

O alcalde tamén ser referiu á estación intermodal. Sinalou que a presidenta de ADIF, cando se pronunciou a favor de levantar a cláusula dos 3,5 millóns de pasaxeiros para construír a nova Intermodal, Sánchez Bugallo indica que "non di nada que non saibamos todos. Recorda, igual que Isabel Pardo de Vera, que a cláusula foi asinada polas 4 institucións (Concello, Xunta, Ministerio de Fomento e ADIF), en 2016, cando Martiño Noriega era rexedor, e debe ser revocada tamén por esas catro entidades.

Agora, indica, unha vez rematado, en novembro, o período de exposición ao público "tense que converter en proxecto definitivo, que debe ser remitido por ADIF ás partes afectadas". "E necesario" explica, "modificar ese convenio". Afirma que "fixemos xestións co Ministerio de Fomento, coa consellería de Infraestruturas, e co propio ADIF, e en principio temos a conformidade de todas as partes para modificalo. Agora, o que se trata é de reunirnos todas as partes" para cambialo, pero probablemente, engade "teñamos que esperar a que estea constituído o novo goberno". O rexedor espera que a nova terminal combine autobús e ferrocarril, que poida estar licitada no primeiro semestre de 2020.

VIVENDAS TURISTICAS

O alcalde, referiuse, a preguntas dos xornalistas, ao asunto das sancións en pisos turísticos fóra da legalidade. Lembrou que as competencias "en materia de vixiancia e a potestade sancionadora" son da Xunta de Galicia, non do Concello. "O que podemos facer é colaborar, no cumprimento desa función. A intención que nós temos é reforzar os servizos de urbanismo", con dous arquitectos, un arquitecto técnico e un administrativo, "e de por en marcha un sistema de información para poder colaborar nestas función". Engadiu que neste asunto, todas as partes serán oídas, "e o concello tomará as decisións que teña que tomar".

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org