Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Javier Fernández lembra a CA a súa deficiente xestión ao fronte dos CSC, cun exceso de 12.000 horas contratadas que non controlaron

18/12/2019

O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, explicou hoxe que, desde que os socialistas están no goberno, a débeda reclamada pola empresa que xestiona os CSC reduciuse en cen mil euros. Respondía así ás acusacións sobre "degradación" na xestión realizadas nas últimas horas polo portavoz de Compostela Aberta. Fernandez lembroulle a Martiño Noriega que cando se fixo cargo do departamento "había un exceso de 12.000 horas contratadas que o goberno de Compostela Aberta non controlou, o que representaba unha débeda para as arcas municipais, e para toda a cidadanía, de 240.000 euros. Así que non nos fale de xestionar".
Javier Fernández explicou que o concello está negociando coa concesionaria, e que de momento "reducimos esa débeda en 100.000 euros, sen custe algún para as arcas municipais nen para a cidadanía. E continuamos traballando para seguila reducindo". O concelleiro é claro: "desde o departamento de Centros Socioculturais, igual que desde outras concellerías, estamos investindo parte do noso traballo en arranxar e pagar as rendas que nos deixou Compostela Aberta". Javier Fernández continúa: "os centros Socioculturais son un exemplo. Quéixase o Sr. Noriega do deterioro na xestión. Lémbrolle que foi Compostela Aberta quen lle adxudicou a xestión dos centros socioculturais a Ferrovial. O actual funcionamento depende dese prego de condicións redactado desde o goberno de Compostela Aberta. Nós, o que estamos facendo e redactando un novo prego para, precisamente, mellorar esa xestión"

O concelleiro rematou sinalando que está a pe de rúa, que fala cos veciños e veciñas e coas distintas asociacións: "coñezo os seus problemas, e intento solucionalos, non politizalos".

O tamén concelleiro de Barrios, realizaba estas declaración, durante a rolda de prensa conxunta con Lola Puerta e Guillermo Caldera, na que presentaron a festa de Nadal de Barrio Xardín.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org