Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

PLENO

Unanimidade no pleno, con todas as propostas aprobadas e as mocións convertidas en sendas declaracións institucionais

19/12/2019

Unanimidade nun pleno inusual e triste, no que todas as mocións presentadas se transformaron, por acordo dos catro grupos da corporación, en sendas declaracións institucionais; e se aprobaron todas as propostas presentadas. Minutos despois de comezar, coñecíase a noticia do derrumbe dun muro na zona de Belvís. Tanto os concelleiros de Seguridade, Gonzalo Muíños; como de Barrios e Obras, Javier Fernández, abandonaban a sesión plenaria. Unha vez rematado o pleno chegaba a noticia de que o sinistro deixaba unjha persoa falecida, e o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, trasladábase ao lugar dos feitos.
Na primeira desas declaracións institucionais, o Pleno da corporación acorda declarar a emerxencia climática no Concello de Santiago e instar aso correspondentes órganos de Goberno a iniciar as accións pertinentes para implementar un declálogo de medidas para facerlle fronte.

Medidas como redución da emisión e gases de efecto invernadoiro, impulsar un "Plan de Acción para as enerxías sustentables e o clima, fomentar a eficiencia enerxética dos inmobles municipais, impulsar o uso da enerxía renovable, apostar por un alumeado público máis eficiente, renovar progesivamente o parque móbil apostando por vehículoo híbridos e eléctricos, monitorizar a calidade do aire e impulsar unha ordenanza de verteduras industriais, desenvolver unha nova política de xestión de residuos, e elmminar, de xeito progresivo, eucaliptos e outras especies invasoras, substituíndoas por especies autóctonas. Esta moción fora presentada por Compostela Aberta.

A segunda, unha declaración institucional para recoñecer, divulgar e investigar sobre o labor do grupo Nós na celebración do centenario da súa revista. Acordouse, en base á moción presentada polo BNG, elaborar unha programación específica e continuada en 2020 sobre o Grupo Nós; colaborar con outras institucións da cidade, nomeadamente coa USC, para coordinar esa programación, colaborar e apoiar iniciativas que xurdan da base asociativa e cultural para pór en valor e render a homenaxe que merecen as figuras desta etapa, e promover aquelas iniciativas investigadoras e artísticas que destaquen por descubrir aspectos pouco coñecidos da etapa Nós.

E a terceira, de Compostela Aberta, rexeita o desenvolvemento dunha planta de valoración de residuos da construción e demolición en Miramontes. En concreto, o Concello de Santiago alegará administrativamente contra o novo proxecto de desenvolvemento desta planta, e instará á xunta a colaborar administrativamente para paralizar o inicio de calquera nova actividade na canteira de Miramontes como mínimo ata que finalicen os procesos xudiciais abertos.

PROPOSICIONS

O pleno ordinario do Concello comezou despois dun minuto de silencio polas vítimas de violencia machista. E despois das intervencións de María Aguín, de Aviturga, de Lucía da Pena e de Mercedes Franqueira.

Aprobouse, cos votos a favor de PSOE, Compostela Aberta e BNG, e a abstención do PP, a suspensión cautelar, por un ano, do procedemento de autorización de novos usos de aloxamento temporal. Una proposición defendida pola concelleira de Urbanismo Mercedes Rosón. Afectará a establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, albergues turísticos, vivendas de uso turístico ou calquera outra forma de aloxamento temporal.

Mercedes Rosón apostou por un uso da vivendas controlado, de calidade. "Precisamos" dixo, "un ano para modificar o planeamento, un asunto no que xa estamos traballando e traballando de forma intensa". A concelleira de Urbanismo, que agradeceu o apoio de Compostela Aberta e o BNG, argumentou "a alarma crecente" no conxunto dos veciños que reclama aos poderes públicos "que retomen o control" ante un fenómeno "global" e "universal", que neste caso "ameaza a pervivencia" do modelo cidade de Santiago como localidade "viva e habitada".
Indicou, neste sentido, que a situación require dunha intervención "urxente" para actuar ante unha "deterioración dificilmente reversible" e que afecta tanto á configuración residencial, ao comercio de proximidade como aos estudantes, ademais da desaparición do mercado de vivenda en aluguer. "Xogámonos esa perda de identidade", sinalou a concelleira, apelando á "racionalización" e á análise dunha regulación "no menor tempo posible", contando con todos os actores implicados ademais da necesaria colaboración da Xunta. En paralelo, explicou impulsarase un programa específico de inspección e control na cidade, ante o número importante de vivendas deste tipo en situación irregular.
O que saiu adiante por unanimidade e sen debate, foi o punto 3, a aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela I4a02do parque empresarial da Sionlla.

Igual que o punto 4, a proposición do BNG, cunha emenda transaccionada, para contribuír a recoñecer e normalizar as familias monoparentais e para favorecer a igualdade e a protección de menores.

O seguinte punto, tamén presentado polo BNG, acordouse que fose declaración institucional. Trátase dunha proposición BNG para desenvolver unha programación específica para as persoas que nos visitan.

Tamén se aprobou por unanimidade a proposición do PP, para a creación dunha comisión de estudo para analizar as posibilidades de desenvolvemento urbanístico da parcela do antigo Colexio Peleteiro, que defendeu o alcalde Xosé Sánchez Bugallo.

A seguinte proposición, de CA, para a continuidade da construcción de "Compostela territorio das mulleres", defendida pola concelleira de Politicas de Igualdade, Noa Díaz, e emendada por PSOE e BNG tamén tivo o apoio de todos os grupos.

A última proposición para desenvolver un programa de residencias que acollan e proxecten sobre a cidade o coñecemento, o talento e a innovación que chegan polos Camiños de Santiago, presentouna Compostela Aberta. Foi aprobada por unanimidade. Polo grupo socialista defendeuna a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org