Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ORZAMENTOS

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

08/01/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa negociación orzamentaria". A previsión, adiantou, e comezar este venres as consultas". Falarase co BNG e con Compostela Aberta, e o luns está previsto facelo co Grupo Popular. O rexedor aclarou que sí existe un borrador dos orzamentos que "se lle amosará" a todos os grupos "no momento oportuno", porque "é ao goberno municipal a quen lle corresponde presentar o documento". O alcalde realizou estas declaracións antes de reunirse co xeneral Francisco Javier Sánchez Fernández, que o vindeiro día 18 se despide como xefe da Forza Loxística Operativa (FLO), pasando á reserva despois de 43 anos de servizo.
Unha vez realizada a ronda de consultas, o goberno local avaliará a posibilidade de acadar algún acordo e con quen se dan as mellores posiblidades. En función diso, sinalou o rexedor "tomaremos as decisións oportunas, xa sexa intentar una acordo con algunha ou algunhas das formacións políticas, ou abordar un procedemento vinculado a unha moción de confianza".

GOBERNO CENTRAL

Sobre a formación do novo goberno central, o alcalde considera unha boa noticia ter "un presidente, porque implica que se poderá superar este período de precariedade no que levamos desde o mes de abril, con toda unha serie de decisión importantes para a nosa cidade, que se foron aplazando". En concreto, Sánchez Bugallo citou o orbital, desbloqueado no último Consello de Ministros coa súa salida a licitación. Pero quedan, engadiu "a estación do AVE, a modificación da cláusula do convenio que establece un límite de 3,5 millóns de pasaxeiros", a EDAR da Silvouta, ou a prepración do Ano Santo.

O rexedor tamén respondeu a petición de celeridade da oposición, para concretar unha reunión do Real Padroado. "Paréceme estupendo, tendo en conta que a última reunión se celebrou estando eu de alcalde. E desde aquela houbo catro alcaldes e ningunha reunión. Polo tanto, esa reunión, tamén a plantexaremos". Explicou, que estaban esperando á confirmación de vicepresidente efectivo, porque "é o interlocutor que temos sinalado para esa cuestión, igual que o ministro ou ministra de Cultura".


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org