Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

FESTAS

Sánchez Bugallo: "a decisión de trasladar os Fogos do Apóstolo está tomada, queda decidir onde se van celebrar"

21/01/2020

A decisión sobre trasladar os Fogos do Apóstolo a outro lugar, fóra da Praza do Obradoiro, está tomada. Asegurouno o alcalde, quen confirmou que si continuará, nesta praza, o espectáculo de luz e de son. Xosé Sánchez Bugallo indicou que "agora estamos preparando o prego de condicións para o ano que ven, e temos que decidir onde se van celebrar. Xa veremos a onde. Hai varias posiblidades enriba da mesa. Tamén queremos que algúns especialistas na materia valoren as diferentes alternativas que temos para que teñan o maior nivel de lucimento".
Despois de reunirse co director de Corros en Santiago, Julián Anca, o rexedor sinalou que "estamos aló menos, valorando dúas hipótese, pero hai outras dúas que tampouco temos completamente descartadas". Segundo adiantou, a decisión tomarase o próximo mes,porque, en función da decisión que se tome, hai que convocar o concurso para poder chegar a tempo deque se celebre o espectáculo a noite do 24 ao 25 de xullo.

Para Sánchez Bugallo os últimos anos o espectáculo estaba limitado polas medidas de seguridade. Subliña que é "absolutamente disparatado polo conxunto de danos que se ocasionaron na cuberta do edificio. E tampouco parece lóxico volvelos levar á catedral, e eles tampouco están dispostos. Polo tanto hai que levamos a outro sitio".

A partir de agora haberá dous escenarios nas celebracións do Apóstolo. O espectáculo de luz e son na Praza do Obradoiro, e os fogos, noutro lugar. O alcalde considera que, aparte dalgún inconvinte, tamén ten vantaxas: "nestes últimos anos no Obradoiro entraba moi pouca xente, e os que estaban fóra non vían o espectáculo. O que vai pasar agora, é que haberá moita máis xente que poida entrar na praza, ao reducirse os requisitos de seguridade". O espectáculo de fogos será noutro lugar, "de tal xeito que poidan desfrutar del moitos máis cidadadáns". Engade o rexedor que na noite do 24 de xullo reúnense en Santiago 150.000 persoas, e "fagamos o que fagamos, sempre vai haber máis xente fóra do Obradoiro que dentro".

Sobre a reparación dos danos da cuberta, causados polo espectáculo pirotécnico, sinalou que os 700.000 euros están incluídos nos orzamentos do Consorcio de Santiago do ano 2020. "Hai que refacela completamente. O dano producido nos últimos anos é espectacular. Está todo roto, todo movido, a auga entrando… É de madeira. Iso hai que refacelo todo. De feito, este inverno xa houbo filtracións de auga importantes. Polo tanto iso temos que resolvelo".

ORZAMENTOS

A preguntas dos xornalistas, Sánchez Bugallo sinalou que se sigue traballando nos orzamentos. "En principio hai unha relación fluída e correcta co resto dos grupos, aunque non podo botar as campás ao voo e dicir que nos van apoiar. Somos un goberno de maioría relativa, e necesitamos que alo menos, un dos outros grupos ou nos apoie e facilite a aprobación dos orzamentos, ou simplemente se absteña para non impedir que os orzamentos vaian adiante".

O alcalde insiste na intención de levalos a pleno a mediados de febreiro, e se non se pode, ao pleno ordinario do mes que ven onde "cada un votará o que estime oportuno. Se saen aprobados xa está e se non saen aprobados teremos que convocar un pleno inmediatamente despois para presentalos vinculados a unha moción de confianza. É o procedemento legal, e renunciar a ter orzamentos sería unha irresponsabilidade", sinalou o rexedor. "Co ano Santo aí, isto é un problema. Pense que hai obras, como Concheiros, o aparcamento da Altiboia, a contratación de proxectos para as actuacións da cidade histórica, que dependen da aprobación dos orzamentos". Sánchez Bugallo espera que os consellos de administración das distintas sociedades aproben os seus presupostos esta semana ou a que ven.


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org