Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ALCALDIA

O alcalde sinala que si hai diferencias entre o novo proxecto Peleteiro e o anterior

23/01/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, referiuse hoxe, a preguntas dos xornalistas, á modificación do proxecto Peleteiro. Sinalou que, despois dos estudios realizados, a ás conclusións ás que se están chegando, "hai moitos puntos en común co anterior, pero tamén cousas que non son tan comúns".
Entre as diferencias, o alcalde incidiu no parquín público que podería contemplar ata 300 prazas en rotación; a posiblidade de incorporar o edificio que fai esquina, "que nos parece moi importante desde o punto de vista do proxecto arquitectonico", a diversificación de nosos usos, "non so no tecido comercial"; que as vivendas de protección oficial poidan ser de aluguer; e que o espazo público estea cuberto, para poder desfrutar del todo o ano.

O importante para Sánchez Bugallo, "é que haxa un punto de partida que implique un consenso maioritario para aprobalo en pleno". O alcalde explicou que agora se abre un proceso de diálogo no que tamén van participar as asociacións para "intentar aprobalo en febreiro".

O alcalde tamén asegurou que non vai responder ás declaracións de Xosé Manuel Durán, da AV Raigame, e xustificou a abstención en pleno, en abril pasado, pola celeridade da presentación do proxecto. Argumenta que desde o Grupo Socialista pediran tres meses para estudalo, e que apenas lle deron 72 horas para chegar a un acordo. O razonable, engade "é que se queren o noso apoio, nos deran tempo a estudalo".

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org