Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

CULTURA

Mila Castro e Gonzalo Muíños asisten á inauguracion da exposición fotográfica "Compostela, un ano de Voz"

24/01/2020

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, e o responsable de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Gonzalo Muiños, asistiron hoxe á inauguración da exposición fotográfica "Compostela, un ano de Voz". Son un total de 80 imaxes, en gran formato, que resumen o que foi o 2019, e que se poderán contemplar no Paseo Central da Alameda ata o 15 de febreiro.
A cada imaxe acompáñaa un texto explicativo e a data na que foi sacada. Están distribuídas en 20 cubos de estructura metálica, de metro e medio de largo por algo máis de dous metros de altura. Entre elas, a toma de posesión do actual alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e a súa reacción ao coñecer os resultados das eleccións. Son dúas das fotos destacadas por Mila Castro, xunto á de Lucas, a quen o seu pai acaba de cortarlle o pelo. Sacouse o pasado 29 de xuño, á chegada da peregrinación contra o cancro infantil, á Praza do Obradoiro. Para a concelleira, ese pelo cortado simboliza a promesa dun menor que cumpriu o seu soño de vencer ao cancro. Durante o acto, Mila Castro destacou a importancia da ubicación da mostra, o Paseo Central da Alameda, un lugar de paso e nexo de unión entre as distintas áreas da cidade: Ensanche, zona histórica e Campus Sur.

A mostra, que leva expóndose desde o ano 1998, está organizada por La Voz de Galicia coa colaboración do Concello de Santiago, o Consorcio da Cidade, e a Xunta. Foron os fotógrafos de La Voz de Galicia, autores das instantáneas, os encargados de explicar as características de cada imaxe aos concelleiros, e tamén ao delegado da Corporación Voz en Santiago de Compostela, Ignacio Carballo; e ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentes no acto.


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org