Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ORZAMENTOS

A Sánchez Bugallo gustaríalle acadar o maior consenso posible en torno aos orzamentos de 2020

27/01/2020

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo explicou que "seguimos cos trámites dos orzamentos, e neste momento xa teñen aprobados os seus presupostos a sociedade municipal TUSSA e Mercagalicia". O rexedor confía en que ao longo desta semana sexan aprobados os orzamentos do Auditorio de Galicia e de Incolsa. "A partir de aí, no momento en que teñamos o respaldo, ou a abstención garantida dalgunha formación política, Compostela Aberta ou Partido Popular, iniciaremos o procedemento para a súa aprobación no pleno da Corporación. De momento todo está seguindo o ritmo e os trámites previstos".

O alcalde agradeceu aos distintos grupos da oposición que lle trasladarán "as súas propostas, que en xeral, valoramos positivamente". Outra cousa distinta é, aclarou, que "ao non producirse unha xeración de novos ingresos temos que ver as súas posibilidades reales de encaixe, tendo en conta tamén que moitas delas xa están encaixadas".

En resposta ás declaracións do PP sobre supostas preferencias de Compostela Aberta para sacar adiante os orzamentos. Para Sánchez Bugallo "son ganas de enredar, de dicir cousas que non teñen sentido". O rexedor é contundente ao asegurar que "a nós gústanos ser serios nas negociacións. Os primeiros pasos, os primeiros avances, déronse con Compostela Aberta, polo tanto, parécenos razonable, mentres non concluamos as conversas con eles, non abrir formalmente outro periodo de negociacións con outra formación política. O contrario non sería serio".

Todo isto, continuou, non é contradictorio con intentar incorporar algunhas das propostas do PP ou do BNG, aínda que se peche un acordo con CA, porque, subliña "nos gustaría acadar o maior respaldo posible. Aínda así aclara que "nesta negociación, Compostela Aberta foi a primeira que fixo unha proposta. Moitas das cousas que plantexa, son coincidentes con asuntos que xa están nos orzamentos", engadiu. "Hai certas diferencias, "basicamente en como se deben executar e en algúns temas específicos que plantexan". Para o alcalde, é preciso concluír esta etapa.

Sobre as afirmacións do PP dun goberno dividido, foi claro: "o único sitio onde vexo que hai hai unha corriente podemita é no Partido Popular; moi evidente, encabezada polo seu voceiro, que últimamente entroulle unha febre expropiatoria de todo tipo de concesións, e incluso de elementos que non están previstos legalmente". Argumenta o rexedor que os aparcamentos teñen contratos que vencen no ano 2025 e 2026 (referíndose aos parquings de Praza Galicia e de Praza De Vigo), polo que "teríamos que buscar xustificación para expropialos. Sobre Peleteiro, non hai amparo legal para a súa expropiación, nin dispoñibilidade presupostaria para facelo. Afortunadamente, tampouco o inclúen entre as propostas que presentan", argumenta.

Sánchez Bugallo aclara que o PSOE o que quere "é sacar os temas adiante, buscando que o acordo sexa o máis coherente posible cos obxectivos do goberno", e as necesidades da cidade. Polo tanto, engade, "aí estamos, traballando con seriedade, o resto é ciencia ficción. Eu non me atrevo a dicir que o PP está dividido en dous grupos, un deles abducido pola corriente podemita expropiadora. Isto é máis en tono de broma, porque isto son, sen máis, ganas de enredar". Para o alcalde, este asunto non ten maior percorrido. Asegura ver unha actitude positiva no resto de grupos que "me parece importante recoñecer. O resto son fábulas. Forma parte da fabulación, sen maior trascendencia",engade.

TEMAS TRATADOS CO MINISTRO ABALOS

Sánchez Bugallo sinalou que lle trasladou a pasada fin de semana ao ministro de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, tres cuestións: o Orbital, o Orbitaliño e a cláusula de 3,5 millóns de pasaxeiros, necesarios, segundo o convenio suscrito entre Concello de Santiago, Xunta, Adif e o anterior Ministerio de Fomento, para construír a Intermodal. Tres reinvidicacións, afirmou, "fundamentais e irrenunciables, e polo tanto seguiremos con elas".

Sobre o orbital, o rexedor aclarou que no caso do Orbital, remata o prazo de presentación de plicas o 17 de febreiro, polo tanto entende que "xa está perfectamente encamiñado". Sobre o Orbitaliño, explicou que neste momento está redactando o proxecto a empresa pública Ineco, "confío en que no-lo presenten ao longo deste primeiro semestre". Engadiu que en canto haxa un proxecto redactado e aprobado "empezaremos a insistir para que saia a licitación".

Sobre o levantamento da cláusula da estación intermodal, o alcalde adiantou que "o proxecto básico da estación do AVE de Santiago está xa aprobado por Adif; e o proxecto de execución está redactado e entregado en Adif, pendente que se asigne a súa aprobación,unha vez se levante a clásula". O ministro Ábalos, segundo subliñou "é perfectamente coñecedor de cal é a posición do concello de Santiago" nestes tres asuntos "e polo tanto espero que teña unha resolución acaída, ao longo deste primeiro semestre". "Niso traballamos", engadiu". Sánchez Bugallo foi contundente: para Santiago "o equipo de Ábalos ten tres temas, que rondarían os 80 millóns de euros, aproximadamente, que entrarían dentro do capítulo de palabras maiores".

A preguntas dos xornalistas, sobre o asunto da rotonda de Conxo, cun orzamento aproximado de 300.000 euros, espera resolvelo nas próximas semanas coa Demarcación de Estradas de Galicia.

CASA DA XUVENTUDE

Outra das preguntas dos xornalistas foi a referida á porque en 2011 o grupo socialista votara a favor de derribar a Casa da Xuventude e agora se posicionaba en contra. Sánchez Bugallo explicou que os tempos mudan, e naquel momento había a proposta para que se instalase ali o teléférico ata a Cidade da Cultura. Agora, engadiu, esa proposta mudou. Os lugares barallados para a saída do teleférico, un proxecto que lle corresponde á Xunta, serían a estación de tren ou a Praza da Constitución. Explicou que por iso apostaban por manter a Casa da Xunventude, na que están previstas tres actuacións: a reparación das cubertas, a mellora da fachada, e a apertura dun paso cara o parque de Belvís.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org