Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

IGUALDADE

Noa Diaz sinala que a violencia machista é un problema estrutural que temos que solucionar "entre todos"

29/01/2020

A concelleira de Políticas de Igualdade, Noa Díaz, sinalou hoxe en rolda de prensa que agora se fan máis apremiantes as campañas de concienciación "no eido da muller e do colectivo LGTBI", sobre todo as referidas á violencia machista, á vista das cifras de vítimas mortais, sete no que levamos de ano e 1.040 desde que se empezaron a contabilizar oficialmente, en 2003. En opinión da concelleira, é importante concienciar sobre este asunto. "É un problema estrutural e como sociedade creo que temos que por o foco aí, para ver como o podemos solucionar entre todos", dixo referíndose ao papel das distintas administracións e colectivos. Indicou ademáis que "pelexará" porque Santiago teña un xulgado de violencia de xénero e adiantou que proximamente está prevista unha reunión para ver o grao de desenvolvemento do proxecto Vioxén, "do que formamos parte".
Na área de Educación, Noa Díaz considera prioritario a actualización dos contratos e servizos pedentes, entre os que figura o da Escola Municipal de Música. Explica que "está orzamentado o novo contrato que agardamos sexa unha realidade este ano" e espera que "en breve poidamos ter un primeiro borrador" do documento. "A nosa vontade",engade, "é que esta situación se solucione para empezar a traballar con regularidade a partir do próximo curso".

Sobre a área de Mocidade sinalou que o reto máis inminente é por en marcha os locais de ensaio do centro sociocultural da Almáciga, "que se poidan facer canto antesas obras de arranxo". En canto ao departamento de lingua, "continuaremos cos proxectos actuais", entre os que destacou o programa Apego". Noa Díaz engadiu que "todos os proxectos dos catro departamentos que levo son importantes e encantaríame que todos fosen a bo porto".

Noa Díaz realizou estas declaracións ao remate da presentación da programación da Escola Municipal de Música, para o período comprendido entre os meses de febreiro e xuño. Acompañouno na rolda de prensa o director da Escola, Fernando Rey. Ambos deron conta dun calendario de actuacións que inclúe novos concertos didácticos e a participación en diversos actos.


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org