Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

CULTURA

Sánchez Bugallo destaca o viva que se mantén a mensaxe e o exemplo de Concepción Arenal na sociedade actual

31/01/2020

O alcalde Xosé Sánchez Bugallo, destacou hoxe, na inauguración dun busto na rúa da Trindade para conmemorar os douscentos anos do nacemento de Concepción Arenal, que "nos sentimos orgullosos da súa presenza nas rúas e na vida de Santiago, pero aínda nos sentimos máis orgullosos do viva que se mantén a súa mensaxe, á súa idea e o seu exemplo na sociedade do século XXI". Para o rexedor, Concepción Arenal foi unha auténtica "revolución naquela España e naquela Europa".

Sánchez Bugallo lembrou, pola súa singularidade, o papel de Concepción Arenal cos presos e presas, comezando pola importancia a nivel internacional que tivo a súa obra El visitador del preso, que "supuxo un cambio no enfoque para as persoas da prisión, pasando de ser un castigo a ter un obxectivo reinserción social". O rexedor referiuse ao desenvolvemento das "cárceres modelo" na súa época na Dirección Xeral de Prisións. "Foi un cambio radical", dixo, concibindo "cárceres ventiladas, con espazos abertos e máis amplos, co obxectivo de que o preso sen sentira un ser humano". Hoxe, engadiu, "o Código Penal aínda bebe desas fontes".

Ademais do alcalde, no acto interviron Pilar Sampedro, membro da Xunta Directiva do Ateneo de Santiago; Antonio López, reitor da USC; e Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo. Aparte do descubrimento da escultura, a cerimonia incluíu unha ofrenda floral e a interpretación do himno galego pola Banda Municipal de Música.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org