Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ELECCIÓNS

Sánchez Bugallo pide á Xunta Electoral de Galicia que, pola seguridade dos votantes, fixe as indicacións de funcionamento dos colexios electorais

18/05/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, considera imprescindible que a Xunta Electoral de Galicia dicte unha instrucción para o conxunto de concellos, coas indicacións de funcionamento dos centros electorais, de cara as eleccións autonómicas do vindeiro 12 de xullo que acaba de convocar o presidente do goberno autonómico.
Sobre a convocatoria, Sánchez Bugallo sinala que "non é sorpresa ningunha, porque a miña quiniela era que se ían convocar hoxe as eleccións e ían ser para o 12 de xullo, e de feito xa tiven unha reunión cos responsables municipais por esta cuestión, e polos problemas que se nos van plantexar". Problemas que asegurou, "son moitos e importantes".

Entre as complicacións que poden xuridir, o alcalde citou que en moitos centros electorais hai dúas e ata tres mesas, polo que é dificil manter as distancias de seguridade establecidas. Engade que non se poden non se poden cambiar os colexios electorais "porque iso sería un caos e xeneraría multidude de problemas aos nosos cidadáns". Ademasi, engadiu, o listado de centros xa se enviou á Xunta Electoral "e sería un problema maior empezar a cambialo". "Imos ver", engadiu, "que marxe temos para serparar un pouco máis as mesas".

Segundo Sánchez Bugallo, entre as cuestións que debe aclarar a Xunta Electoral de Galicia figura como deben funcionar as cabinas. "Vexo moi difícil que unha persoa poida entrar a limpar" despois de que saia o votante, e pregúntase, "como sabemos que as persoas que entran tocan as papeletas?", "hai algún risco niso?". Sobre a colocación das mesas, asegura que os interventores non se poderán colocar nas mesmas, porque hai que garantir a distancia de seguridade, que é de dous metros. Terá que ser, engade, a Xunta Electoral de Galicia quen responda a todas estas cuestións.

Se non se dicta esa instrucción, engade o alcalde, "os concellos, de novo, ímonos ver nunha situación, na que teremos que improvisar, e cada un de nós, coa mellor das vontades, farao o mellor que poida" "Pero vexo", continúa, "que nos vai xerar unha tensión importante o garantir a seguridade dos electores". Por iso, Sánchez Bugallo recomenda levar o voto da casa ou emitir o sufraxio por correo.

Todos estes asuntos, sinalou, xa llos trasladou ao tenente de alcalde Sindo Guinarte, "a persoa que se encargará de coordinar estas eleccións".


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org