Noticias
PLENO
O pleno aproba unha moción para instar á Xunta e ao Parlamento a investigar os contaxios e falecementos nas residencias de maiores
28/05/2020
O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, aprobou hoxe a moción conxunta de PSdeG, Compostela Aberta e BNG, para instar á Xunta de Galicia e ao Parlamento autonómico a a crear unha Comisión de Investigación sobre a xestión nas residencias da terceira idade dos contaxios e falecememtnos por mor da crise da COVID19. A sesión comezou cun minuto de silencio polas vítimas da pandemia, e coa testemuña de Javier Quián, da Asociación de Familiares do centro DOMUSVi de San Lázaro, quen recordou aos máis de 50 falecidos nesta residencia a causa da pandemia.
Tamén se acordou insta á Xunta de Galicia a presentar un informe no lexislativo onde consten as accións realizadas até o momento nas residencias da terceira idade, así como os expedientes abertos, e as sancións aplicadas perante poisíbeis incumprimentos; a dotar aos profesionais de EPIS; a realizar probas PCR a todo o persoas e residentes; a elaborara un plan para a medicalización de forma efectiva dos centros de maiores, con criterios sanitarios, diante da posibilidade de novos rebrotes da pandemia; a garantir medidas de hospitalización para persoas dos centros que o precisen; inspeccionar e avaliar o cumprimento da normativa legal vixente en todas as residencias da terceira idade; establecer un mecanismo de aceso á información e transparencia, estáble, fiábel e diario ara as familias dos residentres; que a próxima residencia da terceira idade que se construirá en Santiago sexa de xestión pública e directa; a pór en marcha axudas para axudar ás familias que están cuesteando prazas privdas; e a mudar as políticas de privatización e a camiñar cara a cestión directra dos centros socio-sanitarios de atención á dependencia.A moción defendeuna a concelleira de Políticas Sociais. Mila Castro denunciou deficiencias na xestión, persoal en condicións precarias, e cadros de persoal infradotados, sen investimento. Para Mila Castro, cómpre incrementar a financiación pública destes centros, medicalizalos, e "correxir o modelo fráxil" que actualmente son, aumentando o control sobre os mesmos.
Na moción conxunta argumentan que desde que Feijóo é presidente non se ten creado nin unha soa nova praza en ningunha residencia de xestión pública directa. E, ainda así, indica o texto, son estas residencias públicas de xestión directa as que demostraron ser, frente a covid-19, moito máis seguras para a vida que as residencias de xestión privada. Aproximadamente o 45% das mortes en Galicia foron en residencias, e desa porcentaxe o 98% de mortes foron en residencias privatizadas.
Na nosa cidade, cos datos facilitados, dous terzos das persoas falecidas por coronavirus vivían en residencias de maiores, unha proporción desmesurada que, sinala a moción, responde á falta de contar con medios suficientes de protección, de aplicación de protocolos e de test para detectar as persoas infectadas, que se realizaron con demora e cando o persoal nin sequera podía saber se era ou non transmisor da doenza. De feito, actuaron con falta de previsión e de anticipación, cando se sabía que as residencias poderían ser principais focos de contaxio e non se puxeron todos os recursos dispoñíbeis para evitalo.
A moción continúa sinalando que podemos ver un exemplo estremo desta situación na enorme diferencia de falecidos entre as residencias de xestión directa pública e as de xestión privatizada, sendo o máximo contraste o existente entre a da Volta do Castro con cero falecidos e a DomusVi de San Lázaro faleceron 22 persoas (con data de 11 de maio), aínda que fontes dos traballadores sitúan en 55 as mortes acontecidas, o que supón máis dun tercio dos residentes.
A pesar desta situación, das denuncias das persoas traballadoras e das peticións de familiares, a Xunta de Galicia só interveu cando o propio centro recoñeceu as súas limitacións e carencias tanto en infraestruturas, material de illamento sanitario e pandémico, métodos de detección e persoal de servizo. Cuestión pola que a propia Fiscalía ten aberto dilixencias sobre o funcionamento da residencia de San Lázaro, a partir dunha denuncia do Valedor do Paciente; e tamén a Valedora do Pobo ten iniciado unha investigación de oficio ao respecto.
As queixas sobre DomusVi non son novas, as seus traballadores/as, levan anos denunciando unha situación precaria que vai en detrimento da atención aos maiores, e nas últimas semanas alertaron da falta de medios persoais e materiais para afrontar unha crise sanitaria destas características. Deben investigarse as continuas denuncias dos colectivos de traballadoras e familiares sobre o incumprimento das normas legalmente establecidas en canto a ratios de persoal, a insuficiente calidade na alimentación e noutros servizos, o que se traducía nunha mala atención nestes centros. Debe esclarecerse a labor da inspección da Xunta de Galicia e a súa inacción diante das denuncias de incumprimentos nos ratios do persoal de atención e noutros aspectos sobre os que nin se iniciaran expedientes sancionadores. Debe esclarecerse todo o acontecido nestes últimos meses, está en xogo a dignidade das persoas e a nosa dignidade como sociedade.
Para a Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública, existe unha relación entre as deficientes condicións previas das residencias e a incorrecta xestión realizada pola Xunta, co elevado número de persoas afectadas, tanto entre internados/as como entre traballadores/as, que tiveron que afrontar a situación, a pesar da falta de recursos e de equipos de protección adecuados. Esta asociación denuncia tamén que as empresas que xestionan estes centros (moitas delas multinacionais e fondos de investimento), actuaron sen transparencia e sen informar adecuadamente as familias e a poboación, xerando unha grande alarma social.
As diferenzas nos contaxios e na xestión da crise do COVID-19 entre aqueles centros de xestión pública directa e as residencias privadas e concertadas pon en evidencia a necesidade de que a Xunta de Galicia asuma a xestión e dirección dos centros en que se produzan contaxios e que o persoal e persoas usuarias destas instalacións sexan consideradas un colectivo prioritario e vulnerábel. Todo isto debería levarnos a apostar por un cambio de modelo que protexa a vida e a atención digna e de calidade aos nosos maiores como un dereito. O lucro empresarial non pode estar por riba dos dereitos. Non se trata só de mudar o cambio de titularidade de privada a pública, elemento que entendemos fundamental, senón de poñer a saúde por diante de calquera criterio económico.
Neste contexto, PsdeG, CA e BNG esixen á Xunta que garanta que a futura nova residencia, prometida hai máis de 3 anos, que se vai construír en Santiago sexa de xestión pública, porque non podemos permitir que a atención xeriátrica se entenda como un simple negocio.
O PP desmarcouse do voto afirmativo. Pero onde sí houbo unanimidade dos catro grupos municipais foi en reclamar o IVE do 4% o para o sector cultural. O texto sinala que é función dos poderes públicos promover o acceso á cultura, á que deben ter dereito todas as persoas, así como facilitar a participación da cidadanía nas actividades artísticas. A cultura é tamén necesaria para crear cohesión social
e representa un sector básico da nosa economía e panca de dinamización económica do sector terciario (hostelaría, turismo...) de enorme importancia no noso concello. Coa pandemia do coronavirus, continúa, constátase unha necesidade de afortalar o sector cultural, para o que cómpre adoptar medidas como a redución do IVE cultural do 10% ao 4% .
Sinala a declaración que é obriga do Goberno amparar, protexer e promover o tecido cultural, ademais de garantir o dereito de participación por todas as persoas; e que esta reducción pode favorecer o mantemento de cines, museos, teatros, concertos e espectáculos ao vivo, así como as entradas a feiras e exposicións comerciais de cultura. O texto vai máis alá, e engade que se debe repercutir tamén esta baixada nos servizos desenvolvidos por persoal técnico, artístico, de dirección e de produción de eventos culturais para que poidan retomar a súa actividade económica con maior facilidade. Deste xeito, continúa a declaración, preténdese facilitar a democratización da cultura.
Tamén todos os grupos apoiaron as dúas uxencias sobre modificacións orzamentarias, de 10.000 euros para a compra de vehículos para Protección Civil; e de 100.000 euros destinados a axudas ao sector hosteleiro. Esta última defendeuna o concelleiro de Turismo. Sindo Guinarte sinalou que estas axudas consensuáronse no proceso de diálogo co sector e que a contía se pode incrementar ata en 300.000 euros. O concelleiro rematou agradecendo, igual que o alcalde Sánchez Bugallo, o apoio dos tres grupos da oposición.
Sobre a proposición dun plan de revitalización cultural, no que o PSOE se abstivo, a concelleira Mercedes Rosón explicqou que existe diálogo con todas as sensibilidades culturais; que se está ultimando un plan transversal de reactivación do sector, adaptándoo a actual situación, na que a seguridade é fundamental; que as axudas ao sector cultural aprobaranse en breve; que se vai pór en marcha un ambicioso programa de actos coa implicación de varias concellarías; e que desde o concello sempre se intentou reprogramar e adiar os actos previstos.
No debate da proposición para a realización dun censo de persoas maiores, a concelleira de Políticas Sociais explicou que neste estado de alarma se contactou con unhas 1.400 persoas maiores para coñecer a súa situación e necesidades.Despois de repasar as medidas sociais postas en marcha durante a crise sanitaria, Mila Castro anunciou a abstención do grupo socialista para facilitar a aprobación da proposición, e lembroulle ao PP que xa se está facendo desde o goberno local.
Pola súa banda, o alcalde defendeu a abstención do PSdeG na proposición de crear unha comisión especial de estudo para impulsar un plan de rescate social en Santiago. Sánchez Bugallo comprometeuse a tratar esa proposta no marco do Consello Económico e Social.O rexedor aproveitou a intervención para agradecer o apoio de cada un dos edís da oposición durante a actual crise sanitaria.
ROGOS
Sobre o rogo do BNG para axilizar os trámites da administracióin electrónica e o sistema de impostos á carta, a concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, sinalou que durante o estado de alarma e está dando "un salto de xigante na modernización da administración deste concello". E isto non sería posible, engadiu, "sen o tremendo esforzo que todo o persoal do Servizo de Informática adicou a este cometido durante a crise". Recordou que a día de hoxe, case o 85% do persoal, cuxas funcións lles permiten teletraballar, o poden facer con relativa normalidade dende os seus domicilios. Tan só 33 persoas, engadiu, dun total de 265, "non poden teletraballar por non dispoñer dos medios telemáticos necesarios e/ou carecer de internet no domicilio no que están desde o confinamento"
Na área de Modernización da Administración Local, recordou que "estamos a traballar na extensión do sistema de cita previa e no sistema de xestión de quendas". A día de hoxe este servizo só existe na oficina de atención ao contribuínte, pero o obxectivo dqa concelleira é estendelo aos departamentos municipais con maior afluencia de público, "tales como a oficina de atención á cidadanía, o rexistro xeral tanto nas oficinas de Galeras como do Ensanche, a oficina de atención ao contribuínte, o padrón municipal, a oficina de urbanismo e o departamento de tráfico". A previsión, engadiu, é que "a mediados do mes xuño teremos resolto este asunto e que o sistema de cita previa e de xestión de quendas sexa unha nova realidade no Concello de Santiago de Compostela".
En canto á posta en marcha da administración electrónica, sinalou que se está a implantar unha solución "que a fará efectiva en todo o Concello". Segundo as previsions de Marta Abal, antes do mes de agosto, sempre que a situación de crise sanitaria do COVID -19 o permita, iniciarase a administración electrónica no Concello de Santiago, coa posta en marcha da sede electrónica, do rexistro electrónico e de procedementos administrativos integramente electrónicos.
Pero ademais, engadiu, "como a modernización da administración local implica tamén capacitar á cidadanía para que efectivamente poida demandar os servizos de xeito telemático, estamos a traballar na posta a disposición dos cidadáns das ferramentas necesarias para que teñan todas as facilitades posibles", como a licitación dunha rede wifi municipal. O próximo luns, continuou "dende a área de Modernización da Administración Local, proporemos á Xunta de Goberno a presentación de candidatura do Concello de Santiago de Compostela a convocatoria de axudas para o fomento da conectividade a internet das Comunidades Locais, no marco da iniciativa europea WiFi4EU "conectar Europa". O obxectivo desta iniciativa é proporcionar en toda a UE a residentes e visitantes acceso a internet de alta calidade a través de puntos de acceso Wi-Fi gratuítos en espazos públicos como parques, prazas, edificios administrativos, bibliotecas e centros de saúde. Resultar beneficiarios destas axudas, engadiu, "non só facilitará a licitación ao desaparecer o requisito da normativa española de constituírse como operador de telecomunicacións, senón que tamén axudará a superar as limitacións de velocidade impostas por esta normativa, co obxecto de poder prestar o servizo de calidade que Santiago necesita."
Concluíndo, Marta Abal confirmou que existe un firme compromiso do goberno municipal coa efectiva implantación da administración electrónica; co incremento dos recursos necesarios para o desenvolvemento da administración electrónica no concello; coa axilización do sistema de pagamento fraccionado dos impostos á carta; e coa implantación e desenvolvemento da modernización da administración no concello de Santiago de Compostela, coa finalidade última de acadar a excelencia administrativa na xestión e prestación dos servizos públicos.
Por outra parte, o concelleiro de Tráfico, Gonzalo Muíños, ante o rogo de CA de retirar as pistolas táser, defendeu o seu uso que, dixo, xa se están utilizando por distintas forzas e corpos de seguridade do Estado.
PREGUNTAS ORAIS
A concelleira de Mocidade aproveitou unha pregunta oral de CA sobre a reprogramación das actividades no Centro Xove da Almáciga para anunciar o inicio das obras de acondicionamento das instalacións. Noa Díaz aclarou que as actividades do centro reprogramáronse online, con éxito, durante a etapa de confinamento; e engadiu que a nova proposta de actividades, que reforzará a programación en línea, presentarase en breve.
En resposta a unha pregunta oral do BNG a concelleira de Medio Ambiente, rexeitou á decisión do Ministerio de Transición Ambiental de deixar á EDAR da Silvouta fora das axudas europeas; e anunciou que levará á pleno unha moción para a constitución dunha comisión sobre o tema. Mila Castro tamén se referiu a outra pregunta oral de Compostela Aberta, afirmando, con rotundidade, que ningunha familia beficiaria das becas de comedor quedou sen cobertura nos tickets especiais de compra.
MOCIÓNS
A concelleira de Educación defendeu a abstención do PSdeG na moción de CA para garantir un servizo de conciliación as familias. A concelleira adiantou parte do programa de conciliación. Un proxecto "ambicioso", dixo, que contempla estender o Programa de Conciliación de Verán ao mes de agosto; "conscientes da necesidade de moitas familias que este verán precisarán dese servizo, ou ben porque finalmente terán que traballar todo o verán, ou ben porque a situación económica non lles permite gozar de vacacións"; abrir os centros socioculturais para aquelas familias nas que todos os seus membros estean traballando; organizar campamentos de deportes nas instalacións municipais; e estender os Campamentos de Verán do departamento de Mocidade a máis semanas e outras localizacións, cun axuste notable nos prezos. A sto hai que sumarlle ademais, como todos os anos, os obradoiros de verán das escolas infantís, os campamentos de verán do rural ou o Programa de Conciliación de Verán da USC co que colaboramos.
O problema neste momento, segundo Noa Díaz é que non existen protocolos de actuación nin instruccións por parte da Xunta que permita organizar estas actividades con seguridade sanitaria e xurídica. "Referímonos, en concreto, á ratio de alumnado/monitoraxe, ao establecemento do número de nenos/as por espazo, ás distancias de seguridade, a normas de comportamento e desenvolvemento de xogos que inciden directamente dun proxecto educativo, protocolos de entrada e saída e recollida dos menores" Numerosas cuestións , sinalou que agardan teñan resposta en breve. Engadiu que "a pandemia obriga a unhas cuestións loxísticas que dificultan enormemente o noso traballo, e que ata o de agora obriga a movernos nun escenario incerto, inconcreto e inseguro que neste momento é inasumible non só para esta Administración local senón para calquera outra e mesmo para o sector privado. Mostra disto é que nin a propia Dirección Xeral de Xuventude fixo aínda a súa convocatoria de campamentos de verán".
O pleno tamén aprobou una moción para instar á Xunta a elaborar un plan galego de reactivación económica. Defendeuna Sindo Guinarte, igual que a moción do PP para explorar as posibilidades de que a cidade de Santiago sexa incluída no percorrido da volta ciclista a España 2020. O grupo socialista abstívose, porque, explicou Guinarte, eses contactos xa se iniciaron.
Outras noticiass
- O pleno aproba o destino dos remanentes, a modificación de crédito para o Plan de Sostibilidade Turística, e o inicio da modificación do PXOM para regular as vivendas turísticas
- O alcalde de Santiago espera que, no pleno do día 17, a proposta de remanentes saia adiante por unanimidade, despois de incorporar distintas propostas da oposición
- Mercedes Rosón recorda a CA que a experiencia de axudas directas posta en marcha no Auditorio de Galicia e que piden recuperar non funcionou e "foi un caos"
- Sánchez Bugallo anuncia que o goberno municipal destinará 8 millóns de euros de remanentes a obras e a axudar aos sectores máis castigados pola crise sanitaria
- O goberno municipal traballa nas bases da convocatoria de axudas directas á hostalería, un esforzo, destaca o alcalde, maior que o da Xunta
PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org