Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

CONTRATOS

O alcalde defende a licitacion do contrato da auga a 20 anos, "porque é a proposta máis razonable e máis beneficiosa para os intereses da cidade de Santiago"

08/06/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, defendeu, fronte ás críticas da oposición, a proposta de licitar o contrato da auga por 20 anos,prorrogable por outros cinco. "Cremos que a nosa proposta, a idea coa que traballamos e absolutamente ponderada, razonable e a máis beneficiosa dos intereses para a cidade de Santiago e polo tanto sostemola e defendémola", sinalou.
O rexedor aclara que na rede de auga de Santiago cómpre acometer un investimento nos próximos 6-8 anos (sen contar a EDAR da Silvouta) que "podemos avaliar en torno a uns 100 millóns de euros". Para Sánchez Bugallo, iso está fora da capacidade inversora do Concello, "cousa que saben perfectamente todos os grupos" da oposición.

Sánchez Bugallo explica que unha parte importante deses investimentos van para a zona rural, e que é un "compromiso suscrito por todos os grupos extender a auga e o saneamento a todas as parroquias do rural". Outra parte, tamén imporante, ten que ir, segundo aclarou o alcalde, a renovar a rede do casco urbano, xa que existen moitas canalizacións "dos anos 60-70, na cidade histórica, todo o barrio de Vite, e en algúns casos como Vite, son de fibra de cemento". Engade que existen instalacións que quedaron obsoletas, como a planta de tratamento de auga do río Tambre, que tamén vai requerir investimentos "moi importantes". Todos estes investimentos, subliña, "exceden da capacidade inversora do concello".

Polo tanto, precísase, sinala o alcalde, "dun socio privado que anticipe unha parte significativa deste investimento, non menor de 60 millóns de euros, e na medida do posible que se acerque ou supere os 80 millóns de euros". Entre outras cuestións, aclara, "porque o concello, en base aos seus orzamentos, "terá que facer fronte a investimentos derivados da EDAR e a diferencia que se produza". Isto condiciona, segundo Sánchez Bugallo, a decisión que cómpre adoptar. Se hai que buscar un socio privado, explica, "o sistema máis habitual é a través dun sistema de concesión".

Sánchez Bugallo subliña que hai temas que se teñen que reforzar, como "a capacidade de control do propio concello tanto a través da figura do responsable de contrato como da creación dun servizo administrativo potente adicado á supervisión e control dos contratos".Tamén se ten que reforzar o prazo, de 20 anos prorrogables por outros 5, porque "hai que facer un investimento notable, e non sería razonable repercutilo en 10 anos" de contrato. Explica o alcalde que non é razonable porque a vixencia deses investimentos está por enriba dos 25 anos, é dicir "a subsitución da rede de saneamento ten que garantir unha vida útil non inferior a 30 ou 35 anos, e a renovación da estación de tratamento ten que ter unha vida útil non inferior a 30 ou 35 anos. Se a vida útil é de mais de 30 anos, non ten sentido repercutir a amortización en 10, porque iso provocaría un incremento desorbitado das tarifas". Para o rexedor, o lóxico é repercutilo nun plazo máis razonable de 20 anos prorrogable a 25.

PLAN DE CONTRATACION

O alcalde tamén respondeu as críticas da oposición, despois da presentación do primeiro Plan de Contratación do concello de Santiago, que contempla 113 contratatos por un valor de case 800 millóns de euros. O rexedor sinalou que "resulta un pouco extraño que no pleno no 28 de maio esixiran que se fixera público este plan, e hoxe, polo que se ve, xa non os satisface tanto".

O importante, para Sánchez Bugallo é que o plan de contratación para este ano está exposto ao público e efectivamente, engade, "é dun importe excepcional, consecuencia da situación que ven atravesando o concello con prácticamente todos os contratos vencidos".
O rexedor espera que este plan permita, cara mediados do ano vindeiro, contar cunha situación normalizada dese o punto de vista contractual.

O alcalde recordou que os 113 contratos que se pretenden licitar nos próximos meses van permitir unha mellora notable na prestación dos servizos públicos que agora se están submnistrando dun xeito "obsoleto". Permitiré, sinala, unha renovación completa dos servizos e do material con que se prestan. Servizos como o do transporte, ou o de recollida de lixo, con autobuses, camións e contedores, con vehículos e material que teñen máis de 15 anos.


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org