Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

CONTRATOS

Sánchez Bugallo sobre o contrato da xestión da auga: "a nosa obriga é tomar decisións para resolver os problemas" da cidadanía

12/06/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asegurou hoxe non comprender "o asombro" dos grupos da oposición ante a cifra de investimento que precisa o contrato da auga; 452 millóns dos case 800 previstos no Plan de contratación de 2020. En rolda de prensa, o rexedor aclarou que como responsable do executivo local, "a nosa obriga é tomar decisións e resolver problemas. E mentras siga estando á fronte do goberno municipal tomaranse decisións para resolver problemas, de forma absolutamente racionalizada, escollendo sempre o mellor para a cidade, con absoluta transparencia, e con absoluto respecto á legalidade vixente",engadiu.
Isto non exclue,subliñou Sánchez Bugallo, que os demáis grupos poidan participar, aportando as súas ideas e opinións. Por iso, o luns pasado, convocou aos voceiros de PP, CA e BNG, a unha reunión, o próximo martes, día 16, para facilitarlle información sobre o Plan de Contratación, e buscar, entre todos, "as maiores aproximacións en dous ámbitos": a situación actual EDAR da Silvouta, e, engadiu, as "decisións que cómpre tomar, en materia de subministro de auga, e en materia de conservación e substitución da rede de saneamento. Un encontro, ao que o rexedor irá, sinalou, "cunha disposición absolutamente aberta. Non estamos pechados a contar coa participación e coas aportacións dos demáis grupos. Todo o contrario. O que lle pedimos aos demais grupos é o mesmo que ofrecemos: lealdade á cidade, e lealdade institucional". Para o alcalde, as decisións que se tomen "teñen que ser aquelas que respondan ao interés xeral" de Compostela. Por iso pídelle á oposición "que teñamos apertura de miras, que ninguén de nós vaia condicionado por posicións ideolóxicas previas".

Sinala Sánchez Bugallo que cómpre estudiar a realidade, e en base a esa realidade formular unha proposta. Pon como exemplo a posición que defende que, di "non é a mesma que defendía hai uns anos porque o escenario mudou". O alcalde describiu o actual contexto: cambios na legalidade vixente, servizos obsoletos, con redes de de distribución de fibrocemento, no Polígono do Tambre, en Vite, ou na Rúa de Betanzos, con máis de 40 anos de antigüidade. Teñen que ser substituidas, igual que na Cidade Histórica, cunha rede de augas de hai 60 anos, de fundición, con incrustacións que fan que o seu diámetro se reducira considerablemente. Se novo era duns 20 centímetros, agora é de 6/7 centímetros. Demasiado estreito, sinala, polo que tamén hai que actuar sobre ela.

A isto súmase o compromiso contraído por todos os grupos da oposición de levar a rede de saneamento a todo o rural; as reformas que hai que acometer na planta de tratamento do Tambre, a punto de cumplir os 35 anos de vida útil; e a construción da EDAR da Silvouta. Neste escenario "complicado", explica, compre buscar financiamento para poder acometer todos estes investimentos nos próximos 6/8 anos (incluíndo a aportacion municipal á EDAR da Silvouta). Un financiamento que, afirmou o alcalde, estaría entre 120 e 140 millóns de euros. Cifra que o concello non pode asumir, polo que, concluiu o alcalde, "entre todos debemos pensar que é o máis convite para a cidade" e "posicionarnos con absoluta transparencia".


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org