Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

COVID19

O alcalde alerta que o cumprimento da normativa derivada da COVID-19 xera un sobrecuste na xestión de distintos servizos e pon en perigo a súa prestación por parte dos concellos

19/06/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou hoxe que o cumprimento da normativa derivada da COVID19, está xenerando uns sobrecuste "importante" para os concellos, que no caso dalgúns servizos, pon en "serio perigo a viabilidade da súa prestación". Como exemplo puxo os parques infantís, no que a desinfección e limpeza diaria xera un custe a maiores de 9.000 euros mensuais. isto, engadiu "imos velo en máis ámbitos, por iso desde os concellos estamos moi disgustados".
Cre o rexedor que todo o mundo se preocupa do sobrecuste das comunidades autónomas, pero non dos municipios. "Cando as comunidades autónomas din que hai que limpar os colexios, todo o mundo sabe que esa limpeza recai nos concellos", igual que a desinfección diaria dos parques. "Pero a nós, engade, "ninguén nos aporta nin un céntimo de euro máis, por ningunha vía: nin polos subrecustes que temos, nin pola merma de ingresos". Argumenta que as medidas fiscais adoptadas polo concello, "só en materia de reducción da tarifa do lixo", tiveron un custe de 104.000 euros cada mes". O alcalde estima que o sobrecuste de todos os servizos rondará, este ano, os catro millóns de euros; e a minoración de ingresos será duns sete millóns". Engade que o concello neste momento está actuando de forma solidaria, pero chegará o momento "en que haberá que axustar as contas".

Sánchez Bugallo tamén se referiu ao incremento de prezos no programa de Escola de Verán, organizada pola FANPA, e no que colabora o Concello. Débese, explicou, ás novas condicións de seguridade e de hxiene. Os grupos son máis pequenos, o que incrementa os custes, porque fan falla máis monitores. O mesmo pasa co servizo de limpeza, que se encarece, polo que repercute nas tarifas.

APERTURA PARQUES INFANTIS

O alcalde confirmou que os parques infantís abrirán a partir de mañá. "Onde deixei asinado o decreto polo que se contraban os servizos de desinfección e de limpeza das instalación. Xa empezaron a traballar a noite pasada, continuarán traballando hoxe e esta noite". Sánchez Bugallo explicou que mañá pola mañá haberá, en cada parque, un letreiro indicando o aforo "que pedimos que se respete"; e as medidas que se deben cumprir. O rexedor lembrou que son 162 instalacións entre parques infantís, pistas polideportivas ao aire libre e espazos biosaludables, o que dificulta e encarece a súa desinfección.

O alcalde sinalou que cada vez "dependemos máis da responsabilidade individual e colectiva", e apelou á sensatez da cidadanía a partir do día 21. "Ábrese un espazo de oportunidades, teremos máis liberdade, pero temos máis responsabilidade" Sinala Sánchez Bugallo que cada vez é máis difícil que as administracións públicas poidan controlar o volume de posibilidades que se están abrindo en materia de desprazamentos, de vixiancia de instalacións, en locais privados nos que tamén se amplía o aforo.

"Temos que auto-responsabilizarnos e ser prudentes", engadiu, porque "o virus sigue aí, e non hai ningún dato obxectivo de que perdera virulencia. Polo tanto, o esencial, é a prudencia. Debemos respectar as normas". Para evitar contaxios, o alcalde recomenda aos usuarios dos parques públicos lavar frecuentemente as mans cos xeles hidroalcólicos, e procurar manter a distancia de seguridade e respectar os aforos.

O rexedor agradeceu ao conxunto da cidadanía o seu comportamento, pero "temos que seguir mantendo ese nivel de responsabilidade no futuro". Diso vai depender, engadiu "que os pasos que deamos sexan pasos firmes cara adiante e vai depender que non teñamos retrocesos importantes ao longo deste periodo. É previsible algún tropezo, pero é moi importante que ese tropezo non sexa un paso atrás siñificativo".

FOGOS APÓSTOLO

O alcalde agradece as aportacións recibidas en relación aos fogos do Apóstolo, pero aclara que a decisión de sacalos fóra da Praza do Obradoiro estaba tomada "e feita pública" desde o 26 de xullo do ano pasado. Explicou que ao longo do periodo de confinamento "recibimos moitas ideas", a maioría coincidentes en que o espectáculo pirotécnico chegase a disitintos puntos da cidade; como as aportadas pola Asociación Hostelería Compostela, ou o colectivo de pirotécnicos de Galicia. "Tamén nós mesmos chegamos a esa mesma conclusión", sinalou.

Sánchez Bugallo engadiu que unha vez analizadas todas estas aportacións, convocouse o concurso correspondente. Explica que "nos sorprendeu e nos disgustou que non se presentaran os pirotécnicos de Galicia", e continúa "xa veremos, das cousas que nos están propondo agora, cales poderemos ter en conta para o concurso do ano que ven".

Afirma que é complicada a decisión de non presentarse a un concurso "porque o sector é moi amplo e os concursos son abertos a concurrentes de Galicia, de España e do resto de Europa". Fora do ámbito galego, sinalou, hai empresas que acudiron. Agora, "corresponde aos técnicos valorar se as ofertas cumpren os requisitos económicos e técnicos. Se os cumplen, loxicamente serán adxudicados a unha destas empresas. O alcalde concluiu: "houbéranos gustado que se presentaran. Espero que para o ano que ven, as cousas acontezan doutra maneira. En calquera caso, sobre a calidade dos fogos do Apóstolo, imos opinar o 25 de xullo".

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org