Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

COMERCIO

As asociacións de comerciantes de Santiago agradecen ao alcalde e ao goberno local o apoio prestado coa celebración de Prima20, que comeza hoxe

25/06/2020

As asociacións de comerciantes de Santiago de Compostela agradecen ao alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e ao equipo de goberno, o apoio prestado ao sector comercial coa celebración de Prima20. Un evento que se celebra desde hoxe e ata o día 28, ademais do 4 de xullo, en distintas rúas, prazas e parques da cidade. Teatro, música, circo, contacontos, obradoiros e moita animación en rúa co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade, duramente castigado pola crise.
O alcalde tamén agradeceu o apoio prestado polas asociacións de comerciantes "porque todas elas son partícipes activas" do programa Prima20, que ten como obxectivo, segundo explicou Sánchez Bugallo, "axudar a pór en valor o comercio local, cunha oferta de calidade, e cun servizo moi vinculado á cidadanía". E preciso, subliñou o rexedor, ir pasando a páxina da crise económica, e este evento "é un pouco o inicio da nova normalidade".

Paula Sánchez, de EmRede, cualificou Prima20 como unha iniciativa "moi positiva", e destacou que por primeira vez ""colaboramos todas as asociacións con Alcaldía, e co departamento de Festas", que dirixe Gonzalo Muíños. "Puidemos opinar", engade, "e mirar o mellor para nós, que somos os que mellor sabemos o que acontece en cada comercio". Paula Sánchez espera que a "xente responda". De momento, conclúe, "en moitos dos nosos establecementos estamos con moito traballo e moi contentos".

José Manuel Bello, presidente de Compostela Monumental, felicitou ao concello de Santiago pola iniciativa e sinalou, que "como presidente dos comerciantes de toda España, este é o camiño que temos que seguir para pór en valor o noso pequeno comercio". Indicou que os comerciantes "estamos un pouco preocupados pola situación que estamos a pasar, pero creo que o fixemos máis ou menos ben". Bello aposta, nun futuro, por eventos como o Prima20, porque todo "o que é dinamizar, é un valor seguro para os comerciantes. Benvida sexa a promoción do pequeno comercio na cidade", concluiu".

José María Seijas, presidente de Comercio Punto Compostela, tamén felicitou ao Concello e ao "alcalde porque tomou a iniciativa dixo, de que xuntos, goberno municipal e asociacións, se uniran para buscar a fórmula de achegar a cidadanía ao comercio. "Que mellor forma", indicou, "que facelo dunha forma festiva". De momento, finalizou "non sabemos os resultados, pero imaxino que serán bós".

José María Fernandez, presidente da Fundación Santiago Centro, tamén agradeceu ao Cocello e ao alcalde o apoio prestado ao comercio e "á hostalería en xeral". O goberno local, engadiu, "é consciente de que necesitamos apoio porque dous meses parados foi un golpe grande ao comercio". Rematoi subliñando que "todos unidos e con optimismo e saindo cara adiante, conseguiremos remontar isto", en referencia á crise da COVID-19.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org