Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

PLENO

Declaración institucional do Pleno do concello de Santiago con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI

26/06/2020

O pleno do concello de Santiago de Compostela, celebrado hoxe, aprobou unha declaración institucional con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI, que se celebra o vindeiro domingo, 28 de xuño. Non debemos permitir, sinala a declaración, "que se borre da memoria histórica do activismo LGTBIA a todas esas mulleres Lesbianas, Transexuais e Bisexuais que durante tanto tempo loitaron man a man cos seus compañeiros para conseguir unha sociedade na que todas as persoas tiveran dereitos e igualdade real. Non podemos esquecer a todas aquelas que foron perseguidas e represaliadas por iso, todas esas Elisas e Marcelas das que hoxe podemos sentir orgullo. Porque a loita LGTBIA non é máis que a loita pola consecución de dereitos plenos para todas as persoas, sen discriminación; a loita polo dereito a que cada persoa poida vivir a súa vida como desexa, sen etiquetas nin impedimentos"
Por todo isto, continúa a declaración, "faise preciso traballar na nova realidade que chegou coa pandemia en aras de construír unha sociedade máis libre e igualitaria, que destrúa os estereotipos que acompañan ás persoas LGTBIA. Debemos facer transversal unha cultura da diversidade, que asuma que a identidade e a orientación sexual non poden ser obxecto de discusión, estigmatización ou sinalización".
Así mesmo, engade, "cómpre reconsiderar o sistema normativo a fin de darlle pleno cumprimento ao mandato constitucional de igualdade, proscribindo toda discriminación por razón de xéneros, e por iso faise necesario actualizar, entre outras, a Lei pola Igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais e considerar unha Lei Trans Galega".

Relacionado con este asunto, aprobouse, no pleno, unha proposición do BNG ara crear un servizo municipal de asesoramento, orientación laboral, e apoio LGTBI.

O pleno comezou cun minuto de silencio polas vítimas da COVID-19, e coa intervención de Ricardo Méndez, en representación do Comité de Empresa de URBASER, e de Roberto Almuíña, en representación da Asociación de Veciños Fonseca. Almuíña solicitou a peonalización da Praza de Mazarelos, unha proposición plantexada tamén polo grupo de Compostela Aberta. O concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muiños, defendou a abstención do grupo socialista. Sinalou que xa se está traballando intensamente neste asunto, porque é unha medida anunciada en novembro, polo que tacha a proposición de CA de "oportunismo político. Sobre a peonalización da praza de Mazarelos, argumentou que "este goberno está a traballar para ver cal é maneira mais acertada de chegar a unha solución que sexa a máis aceptado por todos, veciños, prazeiros, comerciantes, etc. Temos que entender que hoxe a entrada pola costa de San Fiz e saída polo arco de mazarelos non só sirve como un rúa de transito ou de estacionamento, senón que tamén serve como accesibilidade para moitos usuarios da praza de abastos". Polo tanto, concluiu, "enténdese que non é unha actuación sinxela de implementar, como si o foi a peonalización de certas rúas do Ensanche".

Tamén saiu adiante a proposta da alcaldía de adhesión do Concello de Santiago de Compostela á "Rede de Entidades Locais para a Axenda 2030", impulsada pola FEMP; así como dúas modificacións de crédito. Unha de 90.998 euros, que se destinarán ao programa de aparcadoiro para facilitar as compras dirixidas ao conxunto do comercio compostelá, que defendeu o acalde, Xosé Sánchez Bugallo; e outra, defendida pola concelleira de Economía, Marta, Abal, destinada á mellora de distintas instalacións deportivas e á compra de disfibriladores.

INTERPELACIÓNS

A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, respondeu a unha interpelación de Compostela Aberta sobreo plan de investimentos para o novo contrato do ciclo integral da auga. A concelleira sinalou que a a xestión do servizo "no debe ser unha decisión tomada en clave de ideoloxía política. Deberá ser tomada en función do servizo concreto, das súas necesidades e baixo parámetros de eficiencia, eficacia, calidade e excelencia do servizo". Engadiu Mila Castro que "o máis importante para elexir a forma de xestión, é que ofreza o mellor servizo, nas mellores condicións, cos maiores niveis de investimento, e cos maiores niveis de innovación". E, engadiu, "sabe que lle digo. Ese é precisamente o noso compromiso coa veciñanza da nosa cidade.

No turno de réplica sinalou que, en catro anos, Compostela Aberta non foi quen de solucionar o problema do contrato da auga, xa vencido. E que a mellor opción, vistas as perdas derivadas da remunicipalización da ORA, era contratar a xestión do servizo. Para Mila Castro, "a prestación no servizo de abastecemento e saneamento da auga, así como todas as melloras que queremos facer, requiren dos adecuados recursos humanos, económicos e técnicos, dos que esta entidade local non dispón". Engande, que "hai que ser prudentes para darnos leccións aos demáis depois do que vostedes fixeron co algúns dos contratos e o que deixaron de facer coa maioría deles".

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, respondeu a unha interpelación sobre medidas de reactivación cultural formulada polo BNG. Rosón explicou que "o intenso traballo da concellaría centrouse, polas necesidades do sector, na reprogramación, na convocatoria de axudas, na posta en marcha dos protocolos necesarios para desenvolver ditas actividades e, coa pequena marxe de orzamento dispoñible, poder programar novas accións culturais co tecido local".

MOCIÓNS

No pleno quedou aprobada por unanimidade unha moción de urxencia do PP a prol do respecto polos sentimentos e crenzas, con motivo do ataque sufrido pola capela da USC. Igual que a moción de levar a cabo traballos de conservación, mellora e mantemento na área recreativa da Illa do Refuxio.

O Grupo socialista apoiou a moción de CA de iniciar o comezo da planificación das artes de rúa durante as próximas festad o Apóstolo. Tamén se posicionou a favor de dar luz verde á moción do BNG para pór en marcha un programa integral de actividades e de conciliación. E da mocion parta instar ao goberno central a impulsar unha inciativa lexislativa contra a ocupación ilegal "senmenoscabo das persoas en situación de vulnerabilidade ou emerxencia social. As tres mocións foron aprobadas. Por contra, quedou rexeitada a moción do BNG para cambiar o nome da Av. Xoan Carlos I.


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org