Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ELECCIÓNS

O alcalde e membros do goberno muncipal asisten a un encontro sobre políticas de igualdade e dereitos civís e sociais con Rodríguez Zapatero

03/07/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo asistiu hoxe ao "Encontro polas políticas de igualdade e os dereitos civís e sociais", organizado pola Agrupación Socialista de Compostela, e no que estivo presente José Luis Rodríguez Zapatero. Na súa intervención, o ex presidente socialista sinalou, como unha prioridade, "ante todo", a igualdade das mulleres. "Non cabe ningunha dúbida que a maior discriminación da historia foi a que viviron as mulleres", afirmou, "a máis duradeira, persistente e amparada ideoloxicamente por boa parte das ideoloxías". O socialismo, afirmou "atopouse a sí mesmo, cando se fixo feminista. O seu nacemento foi unha aspiración noble, pero incompleta. Madurou cando incorporou o feminismo, cando foi a vangarda dos dereitos das persoas homoxesuais".
"Sempre considerei", continuou, "que a palanca máis poderosa de transformación da sociedade, en favor dunha vida máis amable, máis pacífica, máis equitativa, máis culta, máis auténtica, máis profunda é aquela palanca que mira ao seu arredor e pode dicir, libremente, nesa sociedade soñada, que as mulleres escriben a historia igual que os homes".

Para José Luis Rodríguez Zapatero estamos nun momento crucial da historia. Nun momento de cambio, no que máis que nunca son necesarias políticas "a favor ddos compromisos sociais, da igualadade, dos dereitos sociais, da educación pública, da sanidade pública, da protección…" Iso faino, engadiu, fíxoo e débeo facer a esquerda.

En Galicia, concluiu, "temos agora unha responsabilidade trascendental. Empeza unha nova vida para as nosas vidas". Por iso, "adquire máis importancia que nunca quen goberne, como nos goberne e que políticas imos por en marcha". Rodríguez Zapatero afirmou que "hai que facer as cousas para que sexan, non para que chas recoñezan". Gonzalo Caballero finalizou, ten esa sensibilidade, esa actitude natural e ese compromiso".

Rodríguez Zapatero foi presentado por Carmen Fernández Morante, decana da Facultade de Ciencias da Educación da USC, presidenta da Conferencia nacional de decanas e decanos de Educación e secretaria de organización do Partido Socialista en Compostela; cun breve e intenso discurso en favor da igualdade, que denominou Prólogo, e no que resumiu, en apenas cinco minutos, os cen primeiros días do goberno de Rodríguez Zapatero non que "nos dixo que ía gobernar para todos e para cada un dos 43 millóns de españois e españolas. E chamounos á igualdade, e á paridade de xénero no goberno e nos órganos do partido; e a loita sen tregua contra a violencia de xénero". Construiu un espazo, continuou, no que medraron os dereitos das mulleres que aínda hoxe algúns se empeñan en revertir. Cen días de goberno nos que, concluiu Carme Fernández Morante, "xa se decidira a retirada das tropas de Irak, xa instalara a paridade en España, xa anunciara o dereito dos homosexuais a casar, e apuntalado os dereitos dos dependentes, como o cuarto pilar do estado de benestar".

Este encontro coincide co aniversario do 36 congreso do PSOE, celebrado os días 3, 4 e 5 de xullo de 2004, do que emanan os compromisos de igualdade e defensa dos dereitos civís e sociais que acompañaron a posterior lexislatura de Rodríguez Zapatero. Acompañaron ao ex presidente na mesa presidencial, sete mulleres representantes de diferentes sectores profesionais, co obxectivo de pór en valor as políticas de igualdde lideradas por Rodríguez Zapatero. Mulleres como a xornalista Noa Díaz, número dous pola Coruña nas vindeiras eleccións autonómicas e concelleira de Educación e Políticas de Igualdade no concello de Santiago; Carmen Fernández Morante, as actrices Berta Ojea e Tamara Canoso; a decana do Colexio de Arquitectos de Santiago, Ana Domínguez Lariño; a mariscadora María Genma Dieste; a profesora e investigadora en Ciencias Sociais, Raquel Mariño; e Isabel Redondo Zambrano, coordinadora do programa de envellecemento activo en Santiago, e traballadora social no centro de saúde do barrio de Vite.

Ademais do alcalde, ao econtro asistiron os concelleiros responsables de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte; de Políticas Sociais, Mila Castro; de Economía e Facenda; Marta Abal; e de Deportes, Esther Pedrosa.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org