Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

EDUCACION

Sánchez Bugallo xustifica o retraso na licitación do contrato da Escola de Musica, no empeño do Concello en resolver o problema de subrogación dos traballadores

03/07/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, afirmou hoxe que "coa Escola Municipal de Música recibimos unha auténtica bomba de reloxería", da que son conscientes, di, "os propios traballadores", aos que lle piden que non obvien "a natureza do problema".Un problema que, recorda, nace porque eles se acolleron a un convenio colectivo "que non prevía que a nova concesionaria" os tiña que subrogar. Aclara o rexedor, que se está preparando un novo prego de condicións "que tiñamos previsto convocar no mes de maio", pero por circunstancias da paralización dos procedementos adminsitrativos pola COVID19, ese proceso dilatouse. "Eu espero que se complete e que neste mes de xullo se convoque o concurso".
O rexedor subliñou que hai dúas dificultades neste asunto, de natureza distinta. Un problema puntual de tesourería por parte a empresa que está prestando o servizo, que segundo o rexedor "quedará resolto, probablemente, nas dúas próximas semanas". E un problema estrutural, derivado, sinalou, do concurso convocado "no seu día" e provocado "polo interese que tivo o concello en defender aos traballadores". Argumenta o rexedor, que o concello podería ter optado "pola liña recta", aplicando a sentenza e adxudicándolle o concurso á empresa contratista, a única que concurrente, sen precouparse das consecuencias que iso tería para os traballadores. Pero, ao contrario, "o que fixemos foi estudar xurídicamente o encaixe, deixar sen efecto esa licitación, asumindo a posibilidade de unha reclamación xudicial por parte desta empresa, para intentar resolver o problema dos traballadores". A concelleira de Educación, Noa Díaz, "empeñouse", continou Sánchez Bugallo, "en intentar resolver o problema dos traballadores", e todo isto foi o que nos complicou e troixo este atraso".

O alcalde lembrou que para poder incorporar a subrogación de persoa, tivéronse que contratar informes xurídicos, buscar expertos que lle deran sustento legal e reformular os estudos económicos. "Todo isto tivo consecuencias" que complicaron a tramitación. Agora mesmo, engadiu, o borrrador do prego "está no servizo de contratación e ten aínda que superar os informes da asesoría xurídica e dos servizos económicos de intervención". Sánchez Bugallo afirma que "hai unha plena vontade política que, confíamos, cos informes que se recabaron, os servizos xuríricos e económicos poidan avalar".

Para o rexedor, a solución "sinxela e máis barata era a que tiñamos sobre a mesa", o que suporía que os traballadores non serían subrogados. Por iso, afirma, "non me parece elegante nin xusto que aqueles polos que estamos traballando, sexan os que máis nos recriminen, aínda que podo comprender o problema que están sufrindo. Sánchez Bugallo recordou que a concelleira de Educación, Noa Díaz, lle está adicando, desde hai meses, moito tempo a esta cuestión.

CONTROL DE AFOROS

O alcalde tamén respondeu á pregunta de se a Policía Local vai controlar os aforos dentro dos locais de ocio nocturnos. Ao respecto sinalou que ten que depender, en primeiro lugar, "dos responsables dos negocios"; e en segundo lugar, hai, afirmou, "aló menos tres corpos policiais con competencias nesta cidade: unidade adscrita da policía autonómica, Policía nacional e policía local. Os tres deberán facer todo o que estea ao seu alcance".

O que non é posible, continuou Sánchez Bugallo, é que "a mesma administración que elabora a normativa, lle traslade toda a responsabilidade a outra administración que non participou na elaboración desa normativa".Para o alcalde, é a Xuntad e Galicia, que dispón da unidade adscrita, a que "debe operar. O concello vai colaborar. E tamén se debe pedir a colaboración da policía nacional no ámbito urbano, e da Garda Civil, no ámbito rural".

Sanchez Bugallo finalizou adevertindo que da crise se sae "paso a paso e escalón a escalón, actuando con prudencia, porque da igual avanzar un día máis ou un día menos, o importante é que non deamos ningún paso atrás, non teñamos ningún retroceso, e sobre todo, non tiñamos ningún disgusto que lamentar.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org