Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ELECCIÓNS

Sánchez Bugallo felicita aos gañadores nas eleccións autonómicas e amósase satisfeito co 68% de participación rexistrada en Santiago

13/07/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, expresou hoxe a súa satisfacción polo nivel de participación acadado nas eleccións de onte, 12 de xullo, que en Compostela foi do 68 por cento. "Non é que sexan", indicou "ás eleccións máis participadas", dunhas autonómicas, "pero desde logo, non está entre as máis baixas, e iso no escenario que estamos di moito a favor do sentido de responsabilidade social por parte dos galegos e galegas".
O rexedor tamén felicitou e agradeceu o labor de "todos os que interviron neste procedemento. Creo que fixeron un traballo excelente: os que planificaron, programaron, as persoas que se ocuparon da limpeza, o persoal de protección civil, os corpos e forzas de seguridade… E quero adicarlle un recoñecemento especial aos integrantes das mesas electorais". Nun escenario "desta complexidade", subliñou, "é moi de agradecer", que o número de renuncias non fose moi diferente" do que solía ser habitual.

A continuación, Sánchez Bugallo felicitou ao Partido Popular e ao seu candidato "pola revalidación da maioría absoluta" O recoñecemento, engadiu "deste triunfo, e a oferta de lealdade institucional e de traballo conxunto a partir de agora". O alcalde tamén felicitou ao BNG, polos resultados acadados "que me parecen moi salientables". Engadiu que os galegos e galegas votaron claramente porque Núñez Feijoo siga á fronte da Xunta de Galicia, e porque Ana Pontón lidere a oposición.

Para Sánchez Bugallo, confírmase un fenómeno "que cada vez adquire maior dimension". Un voto que define como "voto utilitario". Explica que hai un sufraxio que ten unha determinada filedidade a unhas siglas políticas, pero "cada vez aparece con máis forza un voto que en función de cada convocatoria electoral, en función das propostas que se presentan, dos candidatos que concurren, e das circunstancias que se da, determina un voto concreto que pode variar nun proceso ou noutro". Nestas eleccións, segundo explicou, en Santiago de Compostela superou ampliamente o 30 por cento do electorado, o que afecta a 18.000 sufraxios, "aproximadamente", continuou o alcalde, "18.000 electores cambiaron o seu voto. Non me parece unha cifra pequena, tendo en conta que votaron 50.000 persoas aproximadamente", o que representa, continuou máis dun tercio do electorado."Todos debemos tomar boa nota do que isto siñifica. Ninguén pode dar nada por suposto. Porque cada vez, e isto probablemente irá medrando no futuro, hai un segmento maior do electadorado que en cada convocatoria axusta e concreta o seu voto". É un fenomeno que, concluiu "chegou para quedar. É un síntoma de madurez política".


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org