Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

EDUCACIÓN

Noa Díaz sinala que o protocolo de adaptación á COVID-19 da consellería de Educación é inasumible para os concellos

16/07/2020

A concelleira de Educación, Noa Díaz, en declaracións á Cadena Ser, sinalou que o seu departamento, oficialmente, non recibiu o "Protocolo de adaptación ao contexto de COVID-19", que a consellería de Educación ten previsto presentar hoxe na mesa sectorial de Educación. Sinala, iso sí, que o coñece. "Xa o valoramos, entendo que é un borrador que haberá que matizar", porque os termos nos que está plantexada a volta ao curso escolar, "non son asumibles por ningún concello, sobre todo no que ten que ver coa limpeza, e menos a estas alturas", engade.
Argumenta Noa Díaz, que "non é posible empezar a pór en marcha procedementos administrativos para aumentar a limpeza" que se esixe no protocolo , por unha cuestión de tempo. A concelleira recordou o anuncio da ministra Isabel Celaá, de transferir de 2.000 millóns para as comunidades autonómas, para educación, dos que Galicia recibirá 180 millóns. Na súa opinión, con este diñeiro, "a Xunta de Galicia terá que dalgunha maneira reforzar os centros educativos", nos que lembrou, os concellos temos competencias en limpeza e conserxería, "sobre todo". Pasa igual, continou, cos comedores escolares. "Nós", engadiu, "agardamos que isto se replantexe" e que "haxa algún tipo de axuda aos concellos e aos centros educativos tamén", xa que indicou, terán que subministrar xel e toalliñas hixienizantes ao alumando, algo "bastante inasumible para eles".

Noa Díaz anunciou que a próxima semana ten previsto reunirse cos directores e directoras dos centros educativos e coa Federación de ANPAS de Compostela; "para entre todos e todas, poder ver como podemos organizar a volta ao curso" en Santiago.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org