Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo amosa o seu apoio e solidariedade ás vítimas do Alvia

23/07/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe a unha representación da Asociación Plataforma Vítimas Alvia 04155. O rexedor sinalou que lle expresou "ese sentimento profundo de solidariedade e de apoio aos familiares e ás vítimas do accidente". Tamén amousou o seu pesar polo sinistro e polos falecementos rexistrados.
"É unha xornada importante", subliñou, "e moi dura para toda a cidadanía". "Todos nós nos lembramos, e eu particularmente, do que facía ese día 24 de xullo de 2013 no momento de producirse o accidente; de como nos enteramos". O alcalde engadiu que máñá "estaremos con eles", recordando "o que sucedeu ese 24 de xullo de 2013".

Sete anos despois, a asociación segue a reclamar unha investigación técnica independente do accidente ferroviario. Algo que recordan nas entrevistas que ano tras ano manteñen co alcalde.

Sánchez Bugallo engadiu que é consciente "da súa loita por obter a verdade, a xustiza e a reparación". Indica que non está sendo doado, "probablemente nunca teñamos toda a verdade en termos absolutos, nin toda a xustiza en valores abosolutos, e dende logo, a reparación plena é imposible". Pero espera que "canto antes, poidan ter unha verdade aceptada, unha xustiza razonable e unha reparación que na medida do posible trate de facer fronte aos danos daquel accidente". O rexedor finalizou sinalando que toda a corporación comparte estes sentimentos.


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org