Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ALCALDÍA

O alcalde pede desculpas á veciñanza afectada polas medidas de seguridade adoptadas con motivo dos fogos do Apóstolo

24/07/2020

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, pediu desculpas aos veciños ou veciñas "aos que se lles poidan ocasionar molestias ou dificultades", a causa das medidas de seguridade adoptadas polos Fogos do Apóstolo. O rexedor amosou a súa confianza en que as festas sirvan para que a cidadanía disfrute e "para transmitir unha imaxe de recuperación e de confianza para todos aqueles que nos queiran visitar".
Sánchez Bugallo destacou a normalidade co que están transcorrendo as festas "nestas excepcionales circunstancias". Recordou que mañá celebrarase a ofrenda ao Apóstolo, as tradicionais manifestacións e os actos institucionais, nos que estarán presentes os Reis de España, e que este ano estarán marcados pola situación de "nova normalidade" na que nos atopamos. Confirmou que "non haberá a tradicional revista militar na Praza do Obradoiro" que o acto será na propia igrexa do seminario maior, e que a continuación haberá unha pequena e reducida recepción no Pazo de Raxoi". "Non renunciamos", engadiu, "á tradicional celebración, pero facémola nos termos en que é posible". O alcalde agradeceu a visita dos Reis e espera que non Ano Santo de 2021, tamén estean presentes, "como ven sendo tradicional".

ESTATUTO DE CAPITALIDADE

En referencia ao aumento do 3% na partida que a Xunta destinará a Santiago a través do Estatuto de Capitalidade, Sánchez Bugallo indicou que non é suficiente. "Nós vimos reclamando desde hai tempo un incremento máis substancioso". Aínda así, sinalou que "valoramos esa aportación, pero é evidente que aínda non recuperamos a recibida no ano 2010. Polo tanto, engadiu, non está satisfeito, "pero non podo deixar de recoñecer que nun escenario como no que estamos calquera incremento é de agradecer".

ACCIDENTE ALVIA
O rexedor adicou "unha lembranza emocionada" as vítimas e familiares do accidente do Alvia, do que hoxe se cumpren sete anos. Nestes últimos anos, continuou "desgraciadamente, as festas do Apóstolo e especificamente a xornada do 24, sempre estará marcada, para os que vivimos ese momento, pola recordo do acontecido nesta noite"·

Na mobilización convocada pola Asociación Plataforma Vítimas Alvia 04155, en apoio ás vítimas do accidente e aos seus familiares na Praza do Obradoiro, estiveron presentes a primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón; a concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal; e o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org