Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo felicita á SD Compostela polo seu ascenso a segunda división B

27/07/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosou a súa satisfacción polo ascenso a segunda B da Sociedade Deportiva Compostela, froito, sinalou, "dun traballo meritorio". O rexedor felicitou aos xogadores, ao cadro técnico e á directiva.
Sánchez Bugallo, xunto á concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e a distintos membros da Corporación Municipal, ofreceu unha recepción ao equipo no Pazo de Raxoi. Foi despois da rolda de prensa, na que asegurou que, que tanto a él como a toda a cidadania de Compostela "nos produce unha gran ilusión que este equipo, con 58 anos, empece a recuperar esa senda de crecemento e mellora".

TURISMO

O alcalde tamén se referiu ao equipo de fútbol de Fuenlabrada que viaxou á Coruña con varios xogadores sospeitosos de ser positivos por COVID-19, que estaban á espera das probas practicadas. Unha actitude "incalificable", mantida "polo Fuenlabrada e pola Liga de Fútbol Profesional de España," que espera dea lugar a unha depuración de responsabilidades, con graves consecuencias para o sector turístico da cidade herculina, e tamén para Santiago. "Nada nos é alleo. todo aquelo que nos queda cerca, aféctanos", engadiu.

Sánchez Bugallo espera que "a administración de xustiza, o Consello Superior de Deportes e a Federación Española de Fútbol, na medida en que teñan competencias, esixan responsabilidades e compensacións polo que acaba de pasar, que vai máis alá dunha simple e grave irresponsabilidade".

Por outra banda, Sánchez Bugallo cualificou de "terrible" a decisión do goberno británico de impor unha cuarentena ás persoas que entren no país procedentes de España. "É un golpe moi duro para o turismo", sinalou, polo peso do turismo británico no conxunto do estado. Confía en que se levante esa suspensión "polo menos para as illas de Canarias e Baleares". "É complicado", engadiu "unha negociación de goberno a goberno. o razonable, por parte de Reino Unido, é que se estableceran esas medidas de forma ponderada" naquelas comunidades onde se están concentrando os principais focos de contaxio e que no resto do estado se levantase esa suspensión. Sánchez Bugallo espera que o goberno, poida facer algo nese sentido. O rexedor pregúntase "que posición ten Gran Bretaña con relación a Estados Unidos", un país, conclúe, con aproximadamente cen mil contaxiados diarios. Case me atrevería a asegurar que Reino Unido utiliza varas de medir moi diferentes, segundo sexa cara España ou cara os Estados Unidos".

O rexedor aclarou que en Santiago, "as contas estaban votadas coa recuperación do turismo de maior proximidade, como o portugués e español. En segundo lugar, o turismo máis importante para nós é o alemán", seguido do francés, o coreano e o norteamericano. Engadiu que non existen "demasiadas esperanzas" de recuperar o turismo lonxano" e espera que o crecemento do turismo nacional, e do turismo luso, poida compensar a perda de visitas procedentes de países máis lonxanos.

FOGOS APOSTOLO

O rexedor considera o balance dos fogos do Apóstolo "moi positivo". un tema novo, subliñou, con axustes a última hora na que se suspenderon os puntos de lanzamento en Vite e na Granxa do Xesto, polo alto risco de lumes. "Preferimos", di, "actuar coa máxima prudencia posible. O alcalde explicou que había un amplísimo dispositivo de seguridade que permitiu que a intervención no incendio rexistrado detrás do parque Eugenio Granell "se producise en tres minutos e con medios importantes". Destacou que non houbo en ningún momento ameaza para as vivendas, e que o que ardeu foi "pura maleza, resultado de varios anos sen limpar esas fincas".

Sánchez Bugallo indicou que tomarán nota e "melloraremos. Trataremos de reforzar os servizos" e achegar os fogos cara parques urbanos. Cre os puntos de lanzamento situados na cidade da Cultura, Fontiñas, a Almáciga, a Alameda e Conxo funcionaron ben. "Revisaremos o que podemos facer en Pontepedriña e trataremos de compensalo, porque creo que é moi boa esta imaxe dun anel" de fogos que rodea toda a cidade.

O programar os fogos en varios puntos, fixo que estes chegasen a todos os barrios da cidade.Neste sentido o alcalde tamén destacou que estas estan sendo "as festas máis participativas da historia moderna por parte da cidadanía de Santiago", coas reservas esgotadas en practicamente todos os espectáculos programados.

VISITA REAL

Sobre a visita de Felipe VI e a Raiña Letizia, o alcalde destacou o "comprimiso" da Casa Real coa cidade de Santiago, co Consorcio e co Real Padroado, "tal e como foi manifestado polo propio Rei". Sánchez Bugallo espera que a partir de agora se poida concretar unha data, "previsiblemente antes de final de ano", para a reunión do Real Padroado antes do Ano Santo de 2021.

ÁREA CENTRAL

O alcalde aclarou que Área Central, igual que As Cancelas, son propiedade privada, polo que non é posible que o concello "nin a cidadanía" se fagan cargo de "algo que é propiedade privada". O que cómpre ver, sinalou, "é como lles podemos seguir axudando, sin cambiar ese réxime", igual que se fixo nos meses da crise sanitaria, ao asumir o Concello o 50% do custe dos servizos de limpeza e seguridade.

Sánchez Bugallo explicou que se Área Central fose de titularidade pública, tamén o terían que ser os locais comerciais e os aparcamentos, que son privados, así como a Praza Central. Sánchez Bugallo amosou a súa preocupación pola situación que atravesa a área comercial, e engadiu que "partindo da situación real que hai, imos buscar como podemos axudalos. Pero,concluiu, iso é propiedade privada das familias propietarias de pisos e dos propietarios dos locais comerciais.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org