Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

COMERCIO

Sánchez Bugallo destaca a colaboración das asociacións de comerciantes de Santiago na posta en marcha dos bonos de aparcadoiro

30/07/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, agradeceu ás asociacións de comerciantes de Copostela a súa colaboración na posta en marcha dos bonos de aparcadoiro, no marco do Plan municipal de reactivación económica para paliar os fectos da crise da COVID-19. Foi na sinatura dos convenios de colaboración, consensuados coas entidades comerciais, e a través dos cales a Fundación Santiago Centro e Compostela Monumental percibirán 29.166 euros cada unha; Em-Rede 5.000 euros; e Comercio Punto Compostela 33.666 euros. "É que podemos facer", sinalou o rexedor, dentro dos limitados recursos dos que dispomos, pero queremos contribuír porque o comercio é unha parte esencial da vida de cidade e do modelo de cidade".
A achega municipal para este programa de bonos de aparcadoiro acada os 100.000 euros, e cubre o 75% do custo do bono, que cada asociación distribuirá entre os locais comerciais que o soliciten. A clientela poderá acceder a unha hora de aparcamento gratuíto polas súas compras, cun gasto mínimo de 18 euros. José María Fernández, de Santiago Centro, cualificou este programa "como unha moi boa iniciativa". José Antonio Seijas, responsable de Comercio Punto Compostela destacou que o aparcamento gratuito atraería a compradores ca comarca. Eva López, de Em Rede, subliñou que é un convenio moi apropiado para este momento, xa que incentivará as compras no Ensanche e na Cidade Histórica. Por último, José Manuel Bello, presidente de Compostela Monumental, valorou de xeito positivo a iniciativa que tildou de fantástica, e pediu a cidadanía e aos veciños da comerca que merquen no comercio local.

Pola súa banda, Sánchez Bugallo sinalou que "estamos superando unha etapa moi complicada. O comercio local estáo levando ben, pero temos unha pata da economía compostelá, a vinculada ao turismo, que non está funcionando na mesma proporción. O alcalde puxo como exemplo que as vendas por taxeta de residentes están por enriba do 100% do que había hai un ano. Pero as de residentes exteriores, que no periodo estival supuñan unha porcentaxe moi elevada de vendas do comercio local estaban, a semana pasada, "no 36 por cento, o rexistro máis alto, porque hai menos de un mes estaban ao 6 por cento, e ao 12 por cento a principios de xullo". Para Sánchez Bugallo, "necesitamos facilitar a chegada de clientela de fóra, e o aparcamento é unha forma de incentivar e facilitar esa chegada".

O rexedor espera que "grazas ao espíritu emprendedor dos comerciantes, e ao seu traballo, poidamos sortear esta etapa que está sendo máis longa e máis difícil do que previamos ao principio"."Estamos vendo", engadiu, "que todo o que está pasando nos afecta, dunha maneira moi importante, pero temos que pelexar e na medida do posible,a todos unidos, intentaremos manter esta liña de axudas para o ano que ven", e se se pode, aumentala.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org