Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

COVID19

O goberno local traballa para garantir a seguridade no inicio do curso e impulsar a reactivación económica

28/08/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amósase preocupado polo inicio do curso escolar e pola "protección dos sectores máis débiles e o mantimento e reactivación da actividade económica". "Son", engadiu, "os dous eixos nos que se moven as nosas actuacións", e nos que está a traballar o goberno local.
Sánchez Bugallo explicou que está previsto que o vindeiro martes abran as escolas infantís de titularidade municipal, mentras que as de titularidade económica faríano o día 4 de setembro. Para que comecen a funcionar é preciso que todo o persoal que traballa no centro se someta ás probas de detección da COVID1-19, que está previsto que se realicen este sábado. O rexedor confía en que o luns se coñezan os resultados, e se son favorables, que as escolas infantís poidan abrir o día1. Se non, matiza, "habería que revisar" esa data. Neste momento, sinala Sánchez Bugallo, "estou pendente dunha conversa co xerente do Sergas, onte falei con conselleiro de Sanidade e coa conselleira de Servizos Sociais por esta cuestión", xa que as probas realízaas a consellería de Sanidade.

Sobre a apertura dos colexios, explicou que "estamos pendentes das indicacións que recibimos", que, recoñeceu, "son cambiantes". Sinalou que "temos o aviso que a Xunta de Galicia, o vindeiro 7 de setembro ditará unha resolución fixando as condicións definitivas". Polo tanto engadiu, temos un problema importante" porque ata que se publique a resolución correspondente, "todo está suxeito aos cambios que se poidan producir". Mentras tanto, engadiu, "traballamos partindo das hipóteses que coñecemos, pero que deben ser adaptadas". Iso si, o rexedor recoñeceu que estas medidas, nos houbese "gustado coñecelas cun pouco máis de antelación", xa que "non podemos tomar decisións definitivas ata que non coñezamos o contido e alcance das determinacións que se adopten por parte da Consellería de Eduación". En relación aos comedores escolares, indicou que "estamos falando coa consellería porque a xestión vaise converter en moi complexa".

CONSECUENCIAS SOCIAIS

En relación ás consecuencias sociais da crise, amosou "gran preocupación". Explicou as liñas de axuda mantidas polo concello, entre elas o programa de ticket especial de alimentos "que mantivemos ata o mes de xullo. Neste momento, aclarou, "non temos a habilitación legal derivada do estado de alarma. Sabemos que a comunidade autónoma habilitou o programa da tarxeta monedeiro, e o Estado o da renda vital; pero tamén sabemos que non mes de xullo nos atendíamos a 1.600 familias". Pero, segundo o alcalde, non é suficiente. O dato, agora mesmo, da tarxeita monedeiro, é que hai unhas 300 familias compostélás beneficiarias. E sobre o número de familias que están percibindo o IMV (Ingreso Mínimo Vital) é "moi reducido a día de hoxe. "Temos unha notable preocupación", engadiu, "e ao mesmo tempo temos unha falla de cobertura legal para que nós mesmos poidamos realizar determinadas actuacións". O alcalde afirmou que por parte dos servizos municipais "se supervisou e se tutelou a entrega de aproximadamente 500 solicitudes de ingreso mínimo vital, que deberan estar atendidas, pero non temos constancia de que estean resoltas, tampouco as que se presentaron fora do concello".

REACTIVACIÓN ECONÓMICA

O alcalde explicou que desde o punto de vista da reactivación económica "estamos pendentes da convalidación do decreto do goberno" que fixe as competencias dos concellos nesa materia. "Mentras tanto, estamos actuando, en todo o que podemos", co obxectivo de "facilitar o mantemento e a reactivación da actividade económica". Sánchez Bugallo alerta á cidadanía de que a situación de crise se vai prolongar, "previsiblemente, ata o mes de decembro", e que a vacina non estaría dispoñible ata Nadal. "Debemos estar preparados para unha normalidade moi peculiar, e debemos estar preparados para problemas puntuais que van xurdir en múltipes escenarios: empresas, centros, no propio concello, nos propios servizos municipais… Polo tanto teño que pedir a todo o mundo, unha enorme prudencia". O alcalde aconsella que se alguén ten dúbidas, solicite que se lle fagan as probas e adopte todas as medidas preventivas". Canto antes se detecte, engade, máis doado será atallar o problema. Recorda Sánchez Bugallo que "vivimos nunha sociedade aberta", na que existe permeabilidade e mobilidade, polo que pide "prudencia e claridade".

Sánchez Bugallo sinala que "imos manter os programas nos termos nos que nos resulte posible mantelos", aínda que algúns haberá que revisalos. Cita en concreto, o alumeado de Nadal, que di, se podería manter. Pero ten máis dúbidas coa cabalgata de Reis, "que é moi improbable" que se teña que suspender se non se dan as condicións de seguridade necesarias.

A pesar desta preocupación, sinala que os datos de Santiago son mellores "do que cabería esperar". Recoñece que na área sanitaria de Santiago é a que máis incrementou, en termos relativos, o número de positivos nas dúas últimas semanas, pero matiza, o 80% deses casos detectados non son do concello de Compostela. Aínda así, alerta que "isto pode cambiar en calquera momento". O importante, conclúe, é que "en canto detectemos un problema, actuemos sobre él. Polo tanto, prudencia para evitalo, transparencia e reacción rápida para acoutalo o máximo posible".

HOSTALERÍA NOCTURNA

O alcalde amosou a súa preocupación pola situación na que se atopa o sector da hostalería nocturna, despois da suspensión da actividade decretada pola Xunta de Galicia o pasado 17 de agosto. Lembrou que desde o concello apostan por dúas posibles solucións, para os locais que cumpran a normativa: a través da modificación da categoría dunha actividade, ou ou a ampliación desa actividade. Ata o momento, explicou Sánchez Bugallo, presentáronse 21 solicitudes, "que a través do procedemento de declaración responsable poden habilitarse para abrir nesas condicións", pero sempre, engadiu, "priorizando a seguridade, con abosoluto respecto á normativa da Xunta de Galicia, e dentro do noso marco de competencias".


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org