Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

INFRAESTRUTURAS

O alcalde celebra a adxudicación das obras do orbital por parte do ministerio de Transportes, por un importe de 19,1 millóns de euros

03/09/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cualifica de estupenda a adxudicación das obras do orbital, por parte do Ministerio de Transportes, por un importe de 19,1 millóns de eruos, que facilitarán a conexión da AP-9 coa Autovía A-54 (Lugo-Santiago), e co aeroporto Rosalía de Castro.
Sánchez Bugallo indicou que xa estaba informado" desde a semana pasada, cando o chamou o secretario de estado de Infraestruturas, para darlle a noticia. Explicou que a preadxudicación "xa estaba feito desde abril", pero "houbo dous recursos que deberon ser sustanciados e iso, xunto a paralizaciónde prazos derivada da COVID-19, motivou o atraso".

Agora, engadiu, "temos que rematar co orbitaliño", unha vez rematada a fase de exposición ao público. Aclarou que hai diferentes alegacións presentadas por empresas privadas, pola Federación de Asociacións de Veciños do Rural (FERUSA), e polo propio Concello. Espera "ter unha reunión non se se persoal ou telemática primeiro co xefe da demarcación de estradas para ver que cambios proponse e as dificultades que pode ter" e con FERUSA, "para ver in situ as consideracións que nos trasladan". O alcalde subliña que "hai bastantes coincidencias entre o que o que propoñen" e as propostas do concello". "Entendemos", aclara, que é "unha zona urbana e que é vital que enlace do orbitaliño coa N-550 non pode deixar incomunicados nin aos polígonos nin aos núcleos da Sionlla". Ten que resolverse, asegura, "como unha integración dentro do tecido urbano".

O delegado do goberno, Javier Losada, tamén ve positiva a adxudicación do orbital de Santiago. A través dun comunicado de prensa, destaca "que supón un paso substancial na mellora de mobilidade na capital galega". Considera ademais, que esta licitación "responde á sensibilidade mostrada polo ministerio e o seu responsable ás demandas do Concello, sociedade e empresarios composteláns".

Engade Losada que, esta demanda "longamente reclamada", configurará "un novo escenario na mobilidade da zona norte de Santiago, onde se concentran áreas industriais do Tambre, Boisaca, Costa Vella e a Sionlla, e comerciais moi concorridas, o acceso ao aeroporto de Lavacolla, a autoestrada AP-9 e a autovía A-54". "A mellora da mobilidade", di, "fará máis atractivas estas áreas para o investimento, o que traerá máis oportunidades a estas zonas de alto interese económico para a cidade e beneficios sobre a actividade industrial e a calidade de traballo dos seus empregados" engade.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org