Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

EDUCACIÓN

O concello ten previsto reclamar á Xunta o sobrecusto de 38.000 euros mensuais derivado do reforzo da limpeza en centros escolares, segundo informou Sindo Guinarte

14/09/2020

O concello de Santiago ten previsto reclamar á Xunta de Galicia que asuma o sobrecusto derivado do reforzo extradordinario do servizo de limpeza e desinfección dos centros escolares e dos polideportivos vinculados aos mesmos, como consecuncia da aplicación das instruccións ANTICOVID-19 decretadas polo executivo galego, segundo informou o portavoz do grupo socialista, Sindo Guinarte. Son, en total, 14 CEIPs e 7 polideportivos, que supoñen un gasto a maiores de 38.000 euros mensuais para as arcas municipais. O custo extraordinario, unha vez rematado o curso, sería de 368.370,94 euros.
Na Xunta de Goberno Local, celebrada hoxe, deuse conta do informe realizado pola Deputación da Coruña, a instancias de varios concellos da provincia, no que conclúe que "en atención á normativa de transferencia de funcións, e no ámbito sanitario a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, corresponde a ésta a execución das accións sanitarias necesarias para o control e prevención de enfermidades transmisibles". E engade que "se o lexislador autonómico optara, no exercicio das súas competencias por ampliar as de conservación e mantemento dos centros escolares -coa inherente carga financieria que isto conlevaría-, debería pór a disposición dos concellos a correspondente provisión de medios económicos para o exercicio da mesma". Para concluir que, "en modo algún poden encomendarse ás entidades locais novas funcións e responsabilidades na conservación e mantemento dos centros escoalres que son de titularidade autonómica, sen a correspondente consignación orzamentaria para sufragar ditos gastos".

Este informe será trasladado agora a Asesoría Xurídica e ao Servizo de Contratación do concello, que valorarán, segundo sinalou Guinarte, o mecanismo "máis eficaz" para que o goberno municipal "reclame" á Xunta de Galicia "e recupere" o importe do sobrecusto, que até o de agora non se tiña demando formalmente.

REMANENTES

Sindo Guinarte tamén se referiu ao anuncio do Ministerio de Facenda de que vai impulsar, nas próximas semanas, un novo Real Decreto-Lei para que as entidades locais dispoñan de máis recursos e un maior marxe orzamentario co que afrontar a actual crise provocada pola COVID-19. Según sinalou, "compre agardar a coñecer o contido e os termos exactos e precisos desa norma", "para ver que posibilidades de gasto permite, polo que entende, sería precipitada calquera valoración "precisa da mesma".

Para o voceiro do grupo socialista, é positivo ter unha regulación nese sentido, porque neste momento Santiago de Compostela conta cun superavit de 9,5 millóns de euros, e "ter que destinalos á amortización de débeda non é unha solución", xa que estes recursos poderían adicarse a "outras necesidades" da poboación.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org