Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

TRÁFICO

O alcalde considera "moi necesario" o radar de Conxo ao constatar unha reducción "significativa" da velocidade na zona

13/10/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, referiuse hoxe, en rolda de prensa, ao radar de Conxo. Asegurou que se hai 17.000 denuncias nun trimestre, "ao mellor era moi necesario", xa que engade, hai "moitos vehículos que están infrinxindo a normativa de tráfico nesa zona", para engadir que o que se trata non é de quitar o radar, "é de mellorar o comportamento dos condutores".
O rexedor deu cifras. Sinalou que en tres meses, pasaron pola zona do radar, en Conxo, 1.800.000 vehículos, uns 20.000 diarios; polo que as sancións representan menos do 1% do tráfico que soporta ese punto. O que si se constata, afirmou, é unha reducción "significativa" da velocidade, con cero accidentes desde que se instalou o citado radar, polo que, concluiu, "está cumprindo a súa misión", que é a de prevención da siniestralidade. Recordou que nos meses previos á sua colocación, "case ninguén cumpría cos límites de velocidade", e incluso se rexistraron, en moitos casos, límites superiores aos 100 quilómetros por hora. Sánchez Bugallo tamén adiantou que o concello ten previsto mellorar a sinaléctica na zona

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org