Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ECONOMÍA

Marta Abal: "a oposición sabe que non se poden negociar os orzamentos sen coñecer o destino do remanente líquido de tesourería e sen concretar a suposta suspensión das reglas fiscais"

14/10/2020

A concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, respondeu á oposicion que "non se pode iniciar unha negociación orzamentaria sen ter claros os elementos básicos para poder negociar". Nestes momento, explicou, está pendente de aclarar, por parte do goberno Central, o destino do remanente líquido de tesourería, e de concretar en que consiste a suposta suspensión das reglas fiscais.
Marta Abal sinalou que esas son as dúas incógnitas pendentes de resolver, que coñecen perfectamente os demais grupos municipais. A concelleira indica que " a oposición sabe perfectamente que o orzamento de 2021 virá condicionado polos destinos que nos permitan do remanente líquido de tesourería. Enténdeno perfectamente. Non se poden empezar unhas negociacións sen saber "ese elemento tan clave", é dicir, a que áreas podemos destinar eses 9 millóns de euros que temos pendentes de aplicar. Entenderán que no marco orzamentario que nos movemos non é nin sensato nin sinxelo". En segundo lugar, engade, "tamén se ten que concretar en que consiste a suposta suspensión das reglas fiscais, en que afecta iso á facenda pública local.

A responsable de Economía alerta que, desde o Goberno do Estado, se están "trasladando mensaxes, ideas, que todos vimos lendo nos medios de comunicación. Pero ténse que publicar no BOE. Nós xa temos todo máis ou menos aclarado e disposto para que, cando se publique no Boletín Oficial do Estado, automaticamente facer todos os trámites necesarios para colocar o remanente líquido de tesourería no seu destino".

Unha vez aclarado todo isto, engade, "poderemos empezar a negociación dos orzamentos". "Obviamente", sinala "nós xa temos analizados os ingresos e os gastos. A situación é difícil, recoñece; pero "antes de iniciar unha negociación, entenderán, que se teñen que aclarar esas incógnitas. A oposición sábeo perfectamente, reitera, "pero o importante é que o entende a cidadanía de Santiago".

A concelleira engade que, inicialmente, non se contempla unha prórroga dos orzamentos. "Estamos traballando nun orzamento novo para 2021, pero téñense que desvelar estas incógnitas, e, non os vou inganar, téñense que facer axustes para poder cadrar os números".

Marta Abal tamén aclarou "que Compostela Aberta sabe perfectamente que determinados proxectos estaban financiados con parcelas", e engade, na actual situación non resulta extraño que non se puidesen vender eses terreos. "A pandemia obrigou a suspender os prazos administrativos, as parcelas non se puideron vender, e polo tanto, non se poden nin financiar nin executar as actuacions concretas", como a cuberta de Santa Marta e outros proxectos aos que se refire CA.

Unha vez que se vendan as parcelas concluiu Marta Abal, "iniciaranse os trámites oportunos para executar esas actuacións, porque un pacto é un pacto e hai que cumplilo. E non é só un pacto con Compostela Aberta, se non coa propia cidadanía de Santiago".

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org