Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ORZAMENTOS

Marta Abal sinala que cando se habilite o destino do superavit iniciaranse as negociacións dos orzamentos

22/10/2020

A concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, adiantou que tan pronto se habilite o destino do superavit, "iniciaranse as negociacións" dos orzamentos, algo que, engadiu, "estamos desexando". "Témolo todo listo e últimado", engade. A concelleira cre que se precisa negociar con todos os partidos políticos, porque "son uns presupostos importantes para Santiago", porque "estamos vivindo nunha situación bastante complicada e temos que ser conscientes dos recursos que hai". Xa que se vai producir unha minoración de ingresos, indica, "e en consecuencia temos que ter claras" as prioridades para Compostela "de agora en adiante".
Marta Abal asegura que todos os días esta atenta ao Boletín Oficial do Estado (BOE), "miramos todas as novidades ao respecto, estamos moi pendentes das novas que se van producindo, estamos en contacto coa FEMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) para que nos manteñan informados sobre todas as variacións que hai ao respecto, pero ten que saír publicado" o destino do superavit. Cando se publique, espera que "se dean as máximas facilidades de cara á tramitación dese destino do superavit".

A concelleira recoñece que o escenario é complicado, e que as "circuntancias "que vivamos en cada momento", nun contexto social e económico marcado pola loita contra a COVID-19, influirán no presuposto. Pero, engade, "precisamos contar cun novo orzamento".

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org