Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

COVID19

O alcalde apoia a decisión de confinar Santiago, Ames e Teo e pide á cidadanía que respecte as medidas de seguridade

30/10/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala que non lle sorprende a decisión do Comité Clínico de confinar Compostela, Ames e Teo, que apoia, e coa que vai colaborar, tanto na aplicación como no cumprimento das normas. As novas restriccións entran en vigor as tres da tarde de hoxe. "Hai que respectalas", asegura, "porque os datos que temos hoxe en Santiago indican que sigue medrando, ainda que a menor ritmo que nas últimas semanas, o número de positivos" de Covid19: 462 casos activos por cen mil habitantes, unha cifra que o rexedor considera "moi elevada", e polo tanto, indica, "ve razonable e xustificado que se adopten medidas".
O alcalde cre que un dos obxectivos desta medida é evitar "os desprazamentos aos cemiterios". Calcula que aproximadamente o 50 por cento da poboación de Santiago procede doutros municipios e polo tanto, engade, "é común que os seus ancestros estean enterrados noutras localidades". O alcalde pide a poboación que colabore e que cumpra a normativa.

A Sánchez Bugallo "parécelle sensato" que Santiago, Ames e Teo funcionen como unha unidade, "porque hai tal nivel de integración entre os tres concellos que é moi difícil establecer unha separación. O alcalde recoñece que para conter a pandemia, "estanse tomando medidas importantes e moi duras, como as relacionadas cos convivintes". Explica, que segundo os datos que lle pasaron, o "80% dos contaxios estanse producindo no ámbito familiar. Temos que ser coidadosos tamén nese ámbito. Temos que protexer á nosa propia familia, porque a familia é algo máis que os convivintes". Tamén indicou que na hostalería, a porcentaxe de contaxios é do 1%, "non parece que sexa hoxe o principal risco, igual que ó ámbito laboral". O problema é, engade, "aqueles ámbitos nos que nos relaxamos e nos que non respectamos as medidas de seguridade. Temos que ser todos prudentes, responsables, e temos que traballar todo conxuntamente".

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org