Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

PSOE

Sindo Guinarte designado representante do PSdeG no Consello de Turismo de Galicia da FEGAMP

05/11/2020

O portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago, Sindo Guinarte acaba de ser designado representante do Partido Socialista no "Consello de Turismo de Galicia" da Federación Galega de Municipios e Provincias, a proposta da propia FEGAMP. Na actualidade, Guinarte é concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais, Turismo, e delegado do Ano Santo 2021. Tamén é secretario da Xunta de Goberno Local e segundo Tenente de Alcalde no consistorio compostelá.
Sindo Guinarte, nacido en Forcarei (Pontevedra), trasladouse de neno a Compostela, cidade na que estudou, ata doutorarse en Dereito. Profesor e decano da Facultade de Dereito da USC (2015-2020), compatibilizou a súa traxectoria universitaria con diversos cargos políticos e institucionais, dentro e fóra da Universidade, entre os que figuran: director do Instituto de Criminoloxía, secretario xeral da USC, vicevaledor do Pobo e secretario xeral da Presidencia da Xunta no Goberno de Emilio Pérez Touriño.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org