Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

COVID19

O goberno municipal traballa nas bases da convocatoria de axudas directas á hostalería, un esforzo, destaca o alcalde, maior que o da Xunta

09/11/2020

O pleno do Concello de Santiago aprobou hoxe, por unamidade de todos os grupos da Corporación Municipal, a inclusión dunha disposición transitoria na Ordenanza 3.24, en virtude da cal para o exercicio 2021 se deixa de aplicar a taxa pola ocupación da vía pública con mesas, cadeiras, tribunas, quioscos de hostalería e outros análogos. Na rolda de pensa posterior ao pleno, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo confirmou que o goberno municipal está traballando nas bases da convocatoria de subencións directas ao sector para o pago de gastos como alugueres, impostos, e servizos como o da luz e da auga.
Son axudas, explicou o rexedor, por concurrencia non competitiva, para que a tramitación "sexa o máis sinxela posible". Será o pleno, explicou, quen fixe a cantidade definitiva, despois do anuncio, o pasado venres, dos tres millóns de euros que se destinarán para paliar os efectos da crise nos sectores máis castigados; un aportado pola Deputación da Coruña, e outros dous aportados polo Concello de Santiago. Para Sánchez Bugallo, "sexa cal sexa a cantidade que se aprobe, será significativa"". Destacou que a cifra que propón o goberno municipal, de tres millóns de euros, "sería de 30 euros por habitante", fronte aos 12 millóns de euros aportados pola Xunta apra toda Galicia, "que a min me parecen importantes, pero son 4,4 euros por habitante", sete veces menos que os 30 que pon o executivo municipal. Engade que "o peso que teñen sobre os orzamentos, é un 0,12 por cen no caso do goberno galego; e máis dun dous por cento no caso do Concello".

Ao plan da Xunta referíase a concelleira de Economía, Facenda, e Modernización da Administración Local, Marta Abal. No pleno sinalou, en resposta á oposición, que "é claramente insuficiente en importe. Nós intentaremos contrarrestar esa insuficiencia, porque, evidentemente, o sector da hostalería, a día de hoxe, é un sector moi importante na nosa cidade". Abal referiuse á liña de axudas que está preparando o goberno municipal, que se destinarán "a sustentar ese gasto corrente". "O que queremos", engadiu, "é que subsistan neste tempo de crise que estamos a vivir, para que estean fortes", cando poidan volver abrir sen restriccións.

Tamén en resposta á oposición, sinalou que diálogo "desde o primeiro momento. Sempre se poden mellorar as canles de diálogo. E nesa vontade estamos, día tras día, intentando atender todas as peticións que nos veñen da cidadanía ". O que non hai, segundo Abal, é lentitude na xestión. A concelleira foi contundente na súa resposta á oposición: "atopámonos cunha estrutura administrativa descomposta. Hai que cambiala, e ser valente para cambiala, e non é sinxelo. Este goberno está facendo fronte, nun ano complicado, a toda a xestión ordinaria; e estamos intentando manter a normalizade na prestación de absolutamente, todos os servizos públicos de competencia municipal; e intenando adaptarnos a fume de carozo. Como sempre, é susceptible de mellorar, e créanme que melloraremos, pero lentos, precisamente, non somos", finalizou.


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org