Grupo municipal dos socialistas de Santiago


O noso deputado de Santiago

GRUPO PARLAMENTARIO PSdeG-PSOE

Leiceaga e Reyes apoian as demandas dos traballadores do 061 e 112 e afirman que a decisión do traslado á Estrada é por razóns "políticas"

Historia dunha aldraxe. Así cualificou o voceiro socialista, Paco Reyes, o que aconteceu coa decisión "política" da Xunta de Galicia de trasladar as sedes do 061 e do 112 de Santiago á Estrada. Reyes, que estivo acompañado polo voceiro do grupo parlamentario, Xoaquín Fernández Leiceaga, nun encontro cos traballadores ás portas do edificio de usos múltiples de San Marcos -dende hai máis dun ano os socialistas levan agardando resposta oficial para realizar unha visita institucional ás instalacións-, lembrou que non hai ningunha razón obxectiva para o traslado. Leiceaga, pola súa banda, anunciou que o seu grupo presentará unha serie de iniciativas parlamentares pedindo explicacións por esta decisión, ao tempo que solicitará unha visita do Parlamento ás instalacións compostelás e ás da Estrada.
Ao longo deste último ano, o grupo municipal socialista ten desenvolvido diversas accións para evitar o traslado do 061 e do 112 á Estrada. A última, esta mesma mañá, nas portas do edificio de usos múltiples de San Marcos, onde, acompañado por Xoaquín Fernández Leiceaga, o voceiro, Paco Reyes, mantivo un encontro con traballadores e traballadores dos dous centros. Despois da reunión, Reyes asegurou que a decisión do traslado resposta a intereses unicamente políticos e que suporá unha perda importante para os propios traballadores -que precarizarán aínda máis a súa situación- e para a cidade, xa que afecta a arredor de 300 familias. O concelleiro afirmou non entender que se movan as dúas sedes, tendo en conta que Santiago está no centro das comunicacións, conta con aeroporto e heliporto, ademais de ter unha sede que recentemente foi mellorada.
Para o voceiro do grupo municipal socialista, o acontecido é a "historia dunha aldraxe", e esixiu unha rectificación por parte da Xunta para que non faga efectivo o traslado, que no caso do 112 está previsto para 0 18 de abril.
Na mesma liña manifestouse o máximo responsable do grupo parlamentario socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, que trasladou aos traballadores a presentación de iniciativas na liña de coñecer as razóns que levaron a Xunta a tomar esta decisión, que semella que non mellorará en absoluto a calidade do servizo que prestan, e coas demandas dos empregados do 061 e 112. Así mesmo, indicou que solicitará unha visita do Parlamento ás instalacións de Santiago e da Estrada.

Volver

filiate



PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org